«Co­rre con Nós é o bu­que in­sig­nia do de­por­te po­pu­lar en Lu­go»

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial2 - - Corre Con Nós -

OCo­rre Con Nós che­ga ao seu ecua­dor no 2018 e o Con­ce­llei­ro Mi­guell Fer­nán­dez fai ba­lan­ce do que re­pre­sen­tou e re­pre­sen­ta es­ta pro­ba pa­ra Lu­go

— O Co­rre Con Nós che­gou es­te ano a maio­ría de ida­de. Es­ta­mos na de­ci­mo oi­ta­va edi­ción, que su­pón es­ta pro­ba pa­ra Lu­go?

—O Co­rre con Nós é, sen dú­bi­da, o prin­ci­pal re­fe­ren­te do atle­tis­mo po­pu­lar na ci­da­de, que con­ta ade­mais con ou­tras pro­bas con­co­rri­das co­mo a Lu­go Mo­nu­men­tal ou a Me­dia Ma­ra­tón. A pro­ba foi me­dran­do gra­zas ao tra­ba­llo que se fi­xo du­ran­te es­tes anos des­de a Área de De­por­tes, co­me­zan­do por Jo­sé Ma­nuel Díaz Gran­dío a quen non po­do dei­xar de men­cio­nar aquí, xa que foi o res­pon­sa­ble des­ta con­ce­lle­ría du­ran­te a maior par­te des­tes anos. É un even­to ple­na­men­te con­so­li­da­do, cun­ha al­ta par­ti­ci­pa­ción, sem­pre por ri­ba dos mil co­rre­do­res, e un­ha da­ta mar­ca­da no ca­len­da­rio de moi­tos atle­tas e afec­cio­na­dos ao run­ning.

— A ca­rrei­ra des­te do­min­go, po­lo en­torno das Ter­mas, ache­ga o de­por­te á zo­na in­dus­trial de Lu­go, bús­ca­se di­na­mi­zar a zo­na das Gán­da­ras e O Ceao con es­ta pro­ba?

A idea coa que se es­ta­ble­ce a pro­gra­ma­ción é a de ofre­cer re­co­rri­dos di­ver­sos e, á vez, to­car os dis­tin­tos ám­bi­tos e zo­nas da ci­da­de. Nes­te ca­so, a ca­rrei- ra pon en va­lor e di­na­mi­za esa par­te da ci­da­de, apro­vei­tan­do as con­di­cións do te­rreo pa­ra deseñar un tra­xec­to cun­has ca­rac­te­rís­ti­cas es­pe­cí­fi­cas, qui­zais de máis esi­xen­cia fí­si­ca ca ou­tros po­las subidas e bai­xa­das que te­ñen que rea­li­zar os co­rre­do­res.

— Co­mo cir­cuí­to de ca­rrei­ras, o Co­rre Con Nós foi no seu mo­men­to pio­nei­ro e ex­por­tou­se a ou­tras ciu­da­des, se­gue sen­do un mo­de­lo de com­pe­ti­ción a se­guir?

—Ab­so­lu­ta­men­te. Foi pio­nei­ro e foi o es­pe­llo no que se mi­ra­ron ou­tras lo­ca­li­da­des. Fai de­zaoi­to anos, can­do se or­ga­ni­zou a pri­mei­ra edi­ción, ape­nas se ce­le­bra­ban ca­rrei­ras po­pu­la­res, moi­to me­nos pro­bas co­ma es­ta, con di­fe­ren­tes ca­rrei­ras du- ran­te va­rios me­ses e un­ha pro­gra­ma­ción co­ñe­ci­da que per­mi­te sa­ber de an­te­mán as da­tas e, po­lo tan­to, or­ga­ni­zar­se e pre­pa­rar­se pa­ra par­ti­ci­par ne­la. O éxi­to des­te for­ma­to fi­xo que ou­tras lo­ca­li­da­des o to­ma­sen co­mo re­fe­ren­cia.

— É a com­pe­ti­ción rai­ña do de­por­te do Con­ce­llo de Lu­go?

— mi­ño

pa­ra que Lu­go se­xa un­ha ci­da­de na que po­de­mos ver run­ners en to­do a con­tor­na e in­clu­so no cen­tro da ci­da­de?

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.