O Ver­xel Nu­tri­ción De­por­ti­va dá o en­fo­que máis pro­fe­sio­nal

O club lu­cen­se é un dos equi­pos que par­ti­ci­pan no cir­cuí­to e faino con 60 co­rre­do­res de to­das as ida­des

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial2 - - Corre Con Nós -

No Co­rre con Nós con­vi­ven con to­tal na­tu­ra­li­da­de os afec­cio­na­dos me­nos ro­da­dos con atle­tas de al­ta ni­vel com­pe­ti­ti­vo. Os de­por­tis­tas de clubs de atle­tis­mo da ci­da­de son asi­duos as ca­rrei­ras. Os atle­tas de Ver­xel Nu­tri­ción De­por­ti­va par­ti­ci­pa­ron no cir­cuí­to des­de as súas pri­mei­ras edi­cións, co­llei­tan­do moi­tos éxi­tos a ni­vel in­di­vi­dual.

Es­te ano, sú­man­se á pro­ba uns se­sen­ta co­rre­do­res de to­das as ida­des que se re­co­ñe­cen fa­cil­men­te po­las súas ca­mi­se­tas ce­les­tes.

Al­gúns de­les es­tán acos­tu­ma­dos a com­pe­tir en pro­bas de al­to ni­vel. Javier To­ro, Iván e Luís Eduardo Gar­cía Nú­ñez, Gus­ta­vo Pla­tas ou Jo­sé Ma­nuel Fer­nán­dez San­giao, que o pró­xi­mo luns es­ta­rán co­rren­do en Madrid no Cam­pio­na­to de Eu­ro­pa de Ve­te­ra­nos en Pis­ta Cu­ber­ta, pe­ro son ha­bi­tuais do cir­cuí­to do Co­rre con Nós. “As ca­rrei­ras po­pu­la­res son un­ha for­ma de fa­cer os ades­tra­men­tos de ca­da fin de se- ma­na, e sér­ven­nos ta­mén co­mo test, co­mo pro­ba de ca­ra as com­pe­ti­cións. Aín­da que non son ca­rrei­ras com­pe­ti­ti­vas, aquí ve­ñen al­gúns dos me­llo­res atle­tas de Ga­li­cia. Ra­pa­ces de Pon­te­ve­dra ou da Co­ru­ña que ga­ñan con fa­ci­li­da­de as ca­rrei­ras po­pu­la­res nas súas ci­da­des pe­ro que aquí ato­pan un ni­vel moi su­pe­rior ao habitual”, co­men­ta Jo­sé Ma­nuel Fer­nán­dez, es­pe­cia­lis­ta nos 800 me­tros.

“Creo que, ne­se sen­ti­do, o Co­rre con Nos es­tá por ri­ba, con di­fe­ren­za, dou­tras ca­rrei­ras. Ade­mais, foi un­ha pro­ba pio­nei­ra, des­pois co­me­za­ron a fa­cer­se cir­cuí­tos ta­mén nou­tras lo­ca­li­da­des”, apun­ta. Des­pois da Noc­tur­na Mo­nu­men­tal e a ca­rrei­ra po­lo Río Ra­to, o cir­cuí­to che­ga es­te do­min­go a súa ter­cei­ra pro­ba, cun tra­xec­to de 4.400 me­tros no en­torno do Cen­tro Co­mer­cial As Ter­mas. “Es­ta é un­ha das máis esi­xen­tes, con bas­tan­tes subidas e bai­xa­das, moi­ta xen­te pre­fi­re re­co­rri­dos máis có- mo­dos co­mo da ca­rrei­ra po­lo pa­seo do Ra­to. No no­so ca­so, ca­da ano in­ten­ta­mos fa­ce­las no me­llor tem­po po­si­ble, vas ven­do a evo­lu­ción, e, dal­gun­ha ma­nei­ra, iso sér­ve­nos pa­ra ava­liar o no­so es­ta­do de for­ma” O Ver­xel Nu­tri­ción De­por­ti­va é un dos clubs que máis po­dios lo­grou a ni­vel in­di­vi- dual nas ca­rrei­ras do Co­rre con Nós, aín­da que a coin­ci­den­cia con ou­tras ci­tas de­por­ti­vas non sem­pre per­mi­ta que os seus atle­tas par­ti­ci­pen coa asi­dui­da­de que desexa­rían. A súa axen­da es­tá es­pe­cial­men­te nu­tri­da nes­tes me­ses nos que se ce­le­bran cam­pio­na­tos ga­le­gos, es­pa­ñois e mes­mo eu­ro- peos en di­fe­ren­tes ca­te­go­rías e mo­da­li­da­des.

Ne­se sen­ti­do, o Co­rre con Nós é ta­mén un­ha xor­na­da de con­vi­ven­cia en­tre de­por­tis­tas do mes­mo club, que a miú­do te­ñen axen­das di­fe­ren­tes nas fins de se­ma­na, pe­ro sal­vo ex­cep­cio­na­li­da­des, te­ñen mar­ca­do en ro­xo no ca­len­da­rio ca­da ci­ta

Va­rios atle­tas del Ver­xel en la prue­ba de Lu­go mo­nu­men­tal

Una atle­ta del Ver­xel nu­tri­ción du­ran­te una prue­ba

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.