Un­ha ven­tá a un pa­sa­do de to­dos

A Aso­cia­ción Cul­tu­ral Arrin­ca­dei­ra ten un am­plo ar­qui­vo con ima­xes re­com­pi­la­das

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial2 - - Fiestas De Riotorto - X.M.PALACIOS

Uns ra­pa­ces or­ga­ni­zan un fes­ti­val, Sons do men­cer na Croa, no que a par­te mu­si­cal non é a úni­ca: ten­tan es­pa­llar a im­por­tan­cia do lu­gar, den­tro dun castro cu­xo te­rreo é pri­va­do, e de­man­dar a súa con­ser­va­ción. An­da­ban pre­to da fin os anos no­ven­ta, e os que ar­te­lla­ron o fes­ti­val aca­ba­ron crean­do a Aso­cia­ción Cul­tu­ral Arrin­ca­dei­ra.

O fes­ti­val xa non se ce­le­bra, pe­ro con­sér­va­se na me­mo­ria da his­to­ria re­cen­te de Rio­tor­to e da con­tor­na. O tra­ba­llo de Arrin­ca­dei­ra si se man­tén, e di­rí­xe­se ta­mén á me­mo­ria lo­cal, tan­to de anos pró­xi­mos co­mo máis afas­ta­dos. A crea­ción dun am­plo ar­qui­vo fo­to­grá­fi­co, con máis de 3.000 ima­xes di­xi­ta­li­za­das, é un­ha das prin­ci­pais ac­ti­vi­da­des do co­lec­ti­vo, re­sul­ta­do dun tra­ba­llo que xa du­ra anos.

Rio­tor­to no tem­po é o no­me da ex­po­si­ción vir­tual. Es­tá com­pos­ta por unas 400 das ima­xes xa di­xi­ta­li­za­das, e quen a con­sul­ta per­co­rre vi­das, cos­tu­mes, tra­ba­llos e fes­tas dos rio­tor­ten­ses da te­rra e da emi­gra­ción: ta­mén se in­clúen ima­xes de ve­ci­ños que mar­cha­ron ao es­tran­xei­ro —so­bre to­do, nas pri­mei­ras dé­ca­das do sécu­lo pa­sa­do, a Amé­ri­ca—, en­tre os ca­les se ve ao poe­ta Ave­lino Díaz, na­do na Órrea.

As fo­tos fo­ron ce­di­das á aso­cia­ción pa­ra es­cae­na­las. Po­rén, Pe­dro Cas­ta­ñal, pre­si­den­te de Arrin­ca­dei­ra, afir­ma que ta­men se re­ci­bi­ron ima­xes de xen­te que vi­ve no es­tran­xei­ro e que desexa con­tri­buír a es­te pro­ce­so de ar­qui­vo co­mún. A aso­cia­ción vai or­ga­ni­zan­do ex­po­si­cións po­las dis­tin­tas pa­rro­quias do con­ce­llo pa­ra re­flec­tir así a gra­ti­tu­de aos que ce­den fo­tos. As ima­xes só­ben­se á pá­xi­na web acom­pa­ña­das dun pe­queno tex­to ex­pli­ca­ti­vo.

FO­TOS AR­QUI­VO ARRICANDEIRA

Un equi­po de fút­bol con ra­pa­ces de Rio­tor­to nas fes­tas de 1973; o ac­tual clu­be, que par­ti­ci­pa no cam­pio­na­to pro­vin­cial de Pri­mei­ra Au­to­nó­mi­ca, foi fe­de­ra­do a fi­nais dos se­ten­ta

Ne­nos de pri­mei­ra co­mu­ñón nas Ro­dri­gas a co­me­zos dos anos no­ven­ta

Ca­bal­ga­ta de Reis ce­le­bra­da en Rio­tor­to nos anos cin­cuen­ta

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.