Ca­dro de fi­nan­cia­ción na anua­li­da­de 2018-2019 do Lea­der 2014-2020

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial2 - - Noticias -

O pro­gra­ma Lea­der 2014-2020 xes­tio­na­do po­lo GDR-1 Te­rras de Mi­ran­da com­pro­me­teu nes­ta se­gun­da anua­li­da­de un to­tal de 692.510,04 € , dos ca­les 450.131,53€ fo­ron pa­ra pro­xec­tos produtivos, 97.261,74 € pa­ra non produtivos de ins­ti­tu­cións de ca­rác­ter pri­va­do e 138.502 € en pro­xec­tos non produtivos de en­ti­da­des pú­bli­cas. Pre­sen­tá­ron­se un to­tal de 34 pro­xec­tos ata o 31 de mar­zo de 2018 e 3 pro­xec­tos máis en se­gun­da con­vo­ca­to­ria (do 31 de mar­zo ao 31 de maio) , in­da que o or­za­men­to xa se cu­briu in­te­gra­men­te na pri­mei­ra. Den­tro dos pro­xec­tos produtivos que­dan en re­ser­va 19 ex­pe­dien­tes (Pro­xec­tos da con­vo­ca­to­ria 2017-2018 e 2018-2019) que re­pre­sen­ta­rían un im­por­te en axu­das de 1.156.075,18 €, nos pro­xec­tos non produtivos de en­ti­da­des pri­va­das que­dan en re­ser­va 3 ex­pe­dien­tes que re­pre­sen­tan un im­por­te en axu­das de 60.006,44 € e por úl­ti­mo nos pro­xec­tos non produtivos de en­ti­da­des pú­bli­cas que­dan en re­ser­va 5 ex­pe­dien­tes que re­pre­sen­tan un im­por­te en axu­das de 416.176,90€. Fa­cen­do un to­tal de fi­nan­cia­ción pen­den­te pa­ra cu­brir to­dos os pro­xec­tos pre­sen­ta­dos de 1.632.258,52€. Sub­ven­cio­ná­ron­se un to­tal de 10 pro­xec­tos: 5 pro­xec­tos produtivos re­la­cio­na­dos con Alo­xa­men­tos turísticos e Crea­ción, am­plia­ción e mo­der­ni­za­ción de em­pre­sas. Creán­do­se un to­tal de 15 postos de tra­ba­llo e con­so­li­dá­ron­se 2 postos de tra­ba­llo de au­tó­no­mos e 5 pro­xec­tos non produtivos: 2 de en­ti­da­des pri­va­das e 3 de en­ti­da­des pú­bli­cas. Os pro­xec­tos de en­ti­da­des pri­va­das, am­bos pres­tan ser­vi­zos moi im­por­tan­tes den­tro do no­so te­rri­to­rio des­ti­na­dos aos se­guin­tes co­lec­ti­vos: me­no­res e per­soas con dis­ca­pa­ci­da­de, pois es­ta­mos fa­lan­do do Cen­tro de Día de me­no­res San Aní­bal de Bu­re­la e ASPANANE en Vi­vei­ro. Os pro­xec­tos pú­bli­cos es­tán re­la­cio­na­dos co acer­ca­men­to das TICs ao me­dio ru­ral e au­las de for­ma­ción , in­ves­ti­men­to que se rea­li­za­rá nos Con­ce­llos de Tra­ba­da, Mon­do­ñe­do e Xo­ve.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.