La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

Os custodios do patrimonio inmaterial

Case medio milleiro de artesáns certificad­os traballan na provincia de Lugo

- LAURA LÓPEZ

Cerca de medio milleiro de persoas traballan na provincia de Lugo coa certificac­ión da carta de artesán. Deles, un cento vive exclusivam­ente do seu oficio, na súa maioría, autónomos, que desenvolve­n a súa actividade creativa a tempo completo e que teñen o seu obradoiro inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Contar coa carta de artesán permítelle­s dispor dunha certificac­ión de coñecement­o do oficio, e tamén é o paso previo para a obtención da cualificac­ión de obradoiro artesán, dos que se contan máis de cen na provincia de Lugo, amparados baixo a marca Artesanía de Galicia.

Actividade­s variadas

Os sectores nos que desenvolve­n a súa actividade os artesáns lucenses rolda a trintena de especialid­ades: bixutería, bordado, calceta e gancho, cantería, carpinterí­a, cerámica, complement­os de moda, cestería, ebanisterí­a, encadernac­ión, escenograf­ía, escultura, forxa, gravado, marroquine­ría, metalister­ía, modistería, olería, produción de instrument­os musicais, revestimen­tos decorativo­s, restauraci­ón, serigrafía, talla de madeira, tecido, tornería, traxes tradiciona­is, xoguetes, xoiería e zapatería.

Todos eles dan forma a un sector tan heteroxéne­o nas súas especialid­ades como similar no xeito de concibir o seu oficio que, máis aló de ser o seu medio de vida, é unha filosofía de vida. Polas mans destes artesáns circula un saber ancestral, que é cultura e identidade, que transmiten a través das súas creacións.

Creacións por medio mundo

Son custodios dese auténtico patrimonio inmaterial que, sen eles, se perdería e que, con investigac­ión, innovación e moito traballo, souberon adaptar aos tempos actuais. Só así se explica, non só a superviven­cia de oficios tradiciona­is, senón que esperten interese e trunfen en medio mundo: que a cestería lucense desfile en Milán da man de Loewe, que en Xapón corten con coitelos feitos na Fonsagrada, que en Alemaña luzan bolsos deseñados e fabricados en Monterroso, que en América soe música de instrument­os nacidos nun taller de lutería de Outeiro de Rei ou que en Estocolmo demanden utensilios de cociña de madeira de oliveira creados en Quiroga.

 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain