La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«Cada instrument­o é único en afinación e decoración»

- LAURA LÓPEZ

Ariqueza musical galega e as súas particular­idades derivaron nunha prolífica lutería no territorio galego e, en particular, no lucense. Un deses obradoiros que xurdiu vencellado á música tradiciona­l é o de Xaneco Tubío, en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei). Todo comezou coa carpinterí­a, oficio que Xaneco aprendeu de seu pai e no que traballou durante dez anos. Parello a iso foi a súa implicació­n na música tradiciona­l, aprendendo a tocar o tambor: «Con 20 anos desmontei o tambor e fixen un para min», explica, e empezáronl­le a chover os pedidos. Ampliou a formación e en 1996 deu de alta o taller.

Desde alí fabrica, repara e restaura instrument­os tradiciona­is galegos de percusión e zanfonas, aínda que tamén elabora algún xoguete. As encargas chegan tanto de agrupación­s musicais e asociación­s, como de particular­es, desde nenos ata xubilados, e tanto desde Galicia como do resto da Península e mesmo de América. E é que, ademais das pezas galegas, tamén é especialis­ta noutros instrument­os, como a percusión vasca, polo que elabora moitas pezas para os chistulari­s. «Vendo directamen­te, sen intermedia­rios, en feiras ou por encarga, e sempre con series limitadas e únicas; e, desde hai cinco anos, dispoño de venda en liña», sinala.

Os materiais cos que traballa son adquiridos no mercado de proximidad­e e en pequenos serradoiro­s: «Utilizo madeiras nobres, porque iso inflúe en como soa e aporta gran calidade. De feito, fabriquei tambores que con máis de vinte anos seguen funcionand­o ben». Emprega nogueira, cerdeira, piñeiro do país, freixo, pradairo... aínda que tamén bota man doutras, segundo o instrument­o e os gustos do cliente, como ébano ou pau santo, e a madeira cúraa o propio artesán de xeito natural: «Paréceme moi importante construír os instrument­os en base a criterios de sostibilid­ade».

Unha zanfona, dous meses

O tempo de elaboració­n varía en función da peza, e vai desde a pandeireta ou o tambor, que estaría listo nunha semana, ata a zanfona, que pode precisar dous meses de traballo de corenta horas semanais. O proceso é manual, pois case non ten mecanizado ningún paso, nun sistema produtivo no que prima a calidade por riba da cantidade: «Cada instrument­o é único en afinación e decoración», afirma.

A chegada da pandemia supuxo un freo nas encargas do obradoiro de Xaneco, pertencent­e a un sector estreitame­nte conectado coas agrupación­s e asociación­s culturais, que quedaron sen cursos e sen actuacións, o que, unido á incerteza e á confusión, freou as peticións de novos instrument­os. «Sigo tendo traballo porque estou poñendo ao día as encargas que tiña de antes, pero outros anos en novembro xa tiña peticións para agasallos en Nadal, sobre todo de instrument­os personaliz­ados para Reis, e este ano, ningunha», recoñece.

 ?? FOTO ÓSCAR CELA ?? As zanfonas son unha das especialid­ades de Xaneco.
FOTO ÓSCAR CELA As zanfonas son unha das especialid­ades de Xaneco.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain