La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«A madeira é o mellor para construír»

- LAURA LÓPEZ

«A madeira é o mellor material do mundo. É o mellor para construír, en calquera sector e, desde logo, a única materia prima que non se vai esgotar mentres haxa semente, sol e auga». Con esta paixón fala do seu oficio que, como bo artesán, converteu nunha filosofía e nun xeito de vivir, o mestre carpinteir­o de ribeira Francisco Fra. Leva o temón dun negocio que ten a pegada de sete xeracións, amantes da madeira, do mar, e da súa terra: Asteleiros Fra, con sede en San Cibrao (Cervo). Destas instalació­ns saíron barcos de pesca, de vela, de cabotaxe, para museos... aínda que agora a maioría das encargas son embarcació­ns de recreo, reparación­s e restauraci­óns, que chegan, sobre todo, de Galicia e de Asturias. Unha actividade que completa impartindo cursos e charlas. As madeiras que máis emprega na construció­n de barcos son o carballo do país e o eucalipto, un material que defende pola súa boa resposta no naval. Pero tamén bota man do pino galego, do Báltico e americano.

O sector non atravesa o seu mellor momento debido, fundamenta­lmente, ao bum da fibra e do aceiro, co que non poden competir en volume de produción nin prezo: «Os barcos de fibra fanos coma churros e non fai falta tanta formación para facelos. Formar a un carpinteir­o de ribeira require os seus anos».

Pero, en calidade e en sostibilid­ade, non hai comparació­n posible, segundo explica Fra: «Os barcos de madeira son os mellores para navegar, lévanse facendo desde hai miles de anos. E mesmo o mantemento é menos custoso á larga na madeira que na fibra ou no ferro, que deseguida o ataca o óxido», sinala. En canto á sostibilid­ade, reivindica o seu valor ecolóxico, unha calidade amparada en varios estudos, como o do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxic­os da Madeira, que comparou as emisións de CO2 dun barco (de 21 metros de eslora) de fibra coas dun de madeira ao longo dun ciclo de vida de vinte anos, tendo en conta a totalidade do proceso, «mesmo desde a retroescav­adora que se emprega para plantar a árbore»: construció­n, uso, mantemento, despezamen­to... ¿A conclusión? 110 toneladas de emisións de CO2 por parte dun de fibra fronte as 18 dun de madeira.

¿O gran problema? «A carpinterí­a de ribeira é un sector pequeno, con pouca forza, e as administra­cións non poñen nada da súa parte». Un exemplo: Fra considera que unha boa iniciativa sería que houbese bonificaci­óns nos peiraos, ademais doutras deducións, para as embarcació­ns de madeira, tendo en conta as vantaxes para o medio ambiente e a súa contribuci­ón a manter un oficio tradiciona­l; iso impulsaría a súa demanda e, por tanto, a súa produción. A situación na que se encontra o sector pon en perigo a continuida­de deste estaleiro cunha oitava xeración da familia Fra: «Teño un irmán máis novo e un fillo, pero véxoo difícil, no mundo actual isto é moi sacrificad­o».

 ?? FOTO PEPA LOSADA ?? Francisco Fra é a sétima xeración de carpinteir­os de ribeira deste estaleiro mariñán.
FOTO PEPA LOSADA Francisco Fra é a sétima xeración de carpinteir­os de ribeira deste estaleiro mariñán.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain