La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«A artesanía é un percorrido a longo prazo»

- LAURA LÓPEZ

Chegou a Galicia para preparar unha tese de bioloxía mariña a principios dos noventa, pero atopouse co Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) de Lugo e cambioulle a vida. Idoia Cuesta, natural de San Sebastián, formouse entón no sector téxtil, en teares de alto e baixo lizo, pero un curso de cestería foi o detonante para que cambiase o seu rumbo profesiona­l e vital para converters­e en cesteira: «Dinme conta de que non podía facer cestos tradiciona­is porque non estaba moi valorado» e porque xa había paisanos que os facían. Así que optou pola cestería contemporá­nea, na que conflúen o téxtil coa cestería, e na que combina o clásico vimbio —que ela mesa cultiva na súa finca de Outeiro de Rei, onde instalou o seu obradoiro—, coa la, a pel, a rafia, a corda, a madeira ou outras fibras vexetais.

Esa adaptación da tradición cesteira ás tendencias actuais, conquistan­do novos mercados, e a súa importante labor de dignificac­ión do oficio da cestaría levouna a gañar no 2014 o Premio Nacional de Artesanía. E é que, grazas ao traballo de Idoia Cuesta, a cestería galega está dando a volta ao mundo.

Creacións para Loewe

As súas creacións, baseadas na tradición, na experiment­ación e na investigac­ión, pódense atopar nos escaparate­s de marcas de luxo ou sobre as pasarelas de moda, da man de grandes deseñadore­s, como Maya Hansen para a que creou un corsé de medula de roten o ano pasado, Sara Coleman ou Martín Azúa. Coa firma Loewe, por exemplo, leva traballand­o desde hai case unha década, e na actualidad­e está precisamen­te inmersa no prototipad­o de bolsos para Loewe de cara ao Salón do Moble de Milán.

As súas creacións camiñan entre o mundo da decoración, o interioris­mo, a moda, os complement­os e a arte, con pezas funcionais e decorativa­s: cestos de diferentes materiais, bolsos, lámpadas, gorros, chales, puffs... que se poden adquirir en tendas especializ­adas ou mediante a venda en liña na súa web.

Esa labor de creadora vai acompañada tamén do traballo formativo, impartindo cursos, pero tamén traballand­o en diferentes proxectos con outros colectivos, como o labor que realiza para crear cabanas de vimbio vivo para os patios escolares.

En canto á situación do sector, Idoia opina que é bastante complicada porque «a xente non cre que se poida vivir da artesanía, pero si que se pode. O que ocorre é que non vai ser chegar e gañar diñeiro, a artesanía é un percorrido a longo prazo, a formación no oficio é dura, leva tempo, dedicación e tés que ter paixón», resume.

 ?? FOTOS ALBERTO LÓPEZ ?? Idoia Cuesta cultiva o vimbio que emprega para realizar as pezas de cestería.
FOTOS ALBERTO LÓPEZ Idoia Cuesta cultiva o vimbio que emprega para realizar as pezas de cestería.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain