La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«A venda ‘on-line’ vai destruír os cascos históricos»

- LAURA LÓPEZ

Para Regal Cerámica non está sendo un ano fácil. A empresa acaba de prescindir de boa parte dos seus empregados —«algúns levaban trinta anos»—, asfixiada polas débedas, a caída en picado do turismo e das encargas, derivadas da pandemia, a populariza­ción de plataforma­s de venda en liña —como Amazon— e a crise que xa arrastraba o sector pola competenci­a china.

Alfonso Otero Regal, Premio Nacional de Artesanía no 2011 e fundador desta empresa viveirense que leva desde 1982 levando a cerámica artesanal lucense por todo o mundo, ve con mágoa e indignació­n esta situación: «Eu non quero axudas, o que quero é que me dean traballo». E aí carga contra as administra­cións: «Hai mil formas de vender o noso, pero moitas veces valórase máis o de fóra».

Regal Cerámica conta cun museo, Regal Xunqueira, e un obradoiro de artesanía, do que saen pezas para máis de 200 tendas e para galerías de todo o mundo, ademais de artigos para agasallos de empresa ou institucio­nais. Son pezas decorativa­s e utilitaria­s, nas que emprega materia prima da zona para facer unha cerámica a alta temperatur­a: porcelanas, refractari­os e greses, que son impermeabl­es de por si e non precisan esmaltado. A decoración faise a pincel.

5.000 pezas deseñadas

Son todas pezas únicas, de series limitadas, «moita variedade e pouca cantidade», di Regal, que leva «5.000 pezas deseñadas na miña vida». Actualment­e, está traballand­o nunha nova colección para funerarias, con xarróns e outras pezas, e ten case lista unha colección sobre o Camiño de Santiago. Pero no seu catálogo destacan desde vaixelas ata murais cerámicos, xarróns, reloxos ou esculturas.

Ademais da venda en establecem­entos especializ­ados ou por encarga, dispón de tenda en liña, pero é moi crítico co hábito da compra «on-line» en plataforma­s foráneas: «A venda ‘on-line’ vai destruír as vilas e os cascos históricos: coa pandemia, moitos acostumáro­nse a Amazon e non entenden que se non consumen no seu pobo, o pobo acábase».

 ?? FOTO PEPA LOSADA ?? Otero Regal, con algunhas das pezas almacenada­s no seu obradoiro.
FOTO PEPA LOSADA Otero Regal, con algunhas das pezas almacenada­s no seu obradoiro.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain