La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«Facemos ‘stock’ para Nadal»

- LAURA LÓPEZ

Tecelá, historiado­ra da arte, escritora e gran dinamizado­ra cultural no rural chairego. Son algunhas das tarefas de Miriam Fernández Otero, de San Bartolomé de Insua (Vilalba), que xestiona, xunto á súa nai, o obradoiro Fusaiola, onde deseña e confeccion­a de maneira artesanal pezas téxtiles de todo tipo. A pandemia obrigounas a parar o ritmo de feiras e eventos, pero están aproveitan­do para facer moito traballo de taller e poder poñer en marcha a venda en liña, aínda que actualment­e recollen tamén encargas por redes sociais e fan envíos: «Estamos facendo moito stock para o Nadal: chales, bufandas, carteiras, bolsos de man, pendentes de liño, chaveiros...», explica. Os artigos están elaborados, fundamenta­lmente, con liño e la, pero tamén empregan algodón e algo de fibra sintética.

Pero as inquedanza­s desta moza van máis alá, xa que tamén realiza investigac­ións sobre arte, etnografía, téxtil e cultura do mundo antigo. De aí que teña encargas de museos relacionad­as con tecidos históricos. O ano pasado, ademais, publicou As Mulleres de Insua e o liño. Dez anos dun proxecto de recuperaci­ón etnográfic­a, editado polo Iescha.

Tamén é unha das impulsoras da Tasca do Liño, que este ano non se puido celebrar pola pandemia, aínda que si que seguiron adiante os certames de debuxo e poesía. En canto ao documental que se ía proxectar, O liño, arte e cultura, dirixido pola Asociación de Veciños de Cabreiros, «e para o que as mulleres de Insua aportaron todo o traballo da mostra dos procesos», colgouse nas redes sociais.

 ?? FOTO SABELA EIRIZ ?? Miriam Fernández, co seu tear en Burela.
FOTO SABELA EIRIZ Miriam Fernández, co seu tear en Burela.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain