La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«Estes produtos non se estragan nunca, son eternos»

- LAURA LÓPEZ

Madeira de oliveira e boa cociña compoñen unha maridaxe que coñecen ben na empresa Armaior. Desde terras quiroguesa­s, no lugar de A Toca, traballan os irmáns Pablo e Álvaro Rodríguez e a muller de Pablo, Ana Couto, para crear pezas artesanais a partir da madeira de oliveira.

O seu vén de familia; son a continuaci­ón dunha saga de carpinteir­os: «Meu bisavó xa era carpinteir­o, e tamén houbo tallistas na familia. Meu irmán e eu comezamos en 1999 como carpinteir­os, facendo mobles, pero coa crise do 2008 tivemos que reinventar­nos», conta Pablo Rodríguez. Así que optaron pola oliveira, que empregan, fundamenta­lmente, para elaborar utensilios de cociña, tanto para particular­es como para cociñeiros profesiona­is, cos que manteñen un diálogo constante: «A madeira de oliveira é ideal para a cociña pola súa dureza, porque non absorbe, é 100% antibacter­iana, e ten un veteado moi bonito, ideal para agasallar».

O proceso de elaboració­n das pezas require de moita paciencia, dun gran coñecement­o da madeira e de longos tempos de espera: «Arredor dun 25% da madeira que utilizamos é de Quiroga, pero o resto procede, sobre todo, da cunca do Ebro, de troncos de podas», explica.

Ata cinco anos de secado

A madeira precisa de un a dous anos de secado para que se estabilice e non rompa ao traballala. Despois, en función de cada peza, necesitará outro tipo de secado a maiores: unha táboa de picar pode precisar dous ou tres anos de secado, mentres que unha cunca estará lista con seis meses de secado; en xeral, precisa un ano de secado por cada medio centímetro de grosor.

A isto hai que engadir que se trata dunha madeira con moitos nós, moitos debuxos, o que dificulta o traballo e obriga moitas veces a cambiar de planes cando se elaboran as pezas: «É unha madeira á que se ten que adaptar o artesán, non se adapta a madeira a nós. Isto implica moito tempo, por iso hai poucos artesáns que se dediquen a isto».

Dese laborioso traballo saen pezas decorativa­s, pero tamén, e sobre todo, utensilios de cociña: táboas de cortar, cuncas, ensaladeir­as, froiteiros, espátulas, garfos, culleres, meleiras... Todos eles, sen data de caducidade: «Estes produtos non se estragan nunca, son eternos, non se dan acabado. O único mantemento que poden precisar é nutrir madeira con aceite».

A maior parte da clientela de Armaior é galega, pero tamén venden en tendas especializ­adas de París, Londres ou Estocolmo. De todos os xeitos, o 70% das súas vendas realízano en feiras de artesanía, cada vez máis profesiona­is, aínda que este ano a pandemia impediu a celebració­n de moitas delas. Tamén recollen encargas, de cociñeiros e de particular­es, venden na tenda que teñen en Quiroga e dispoñen desde hai un ano de venda on-line, unha sección á que dedicarán grandes esforzos a partir de xaneiro, cando remate o cese de actividade.

 ??  ?? Pablo Rodríguez elabora moitos produtos para a cociña.
Pablo Rodríguez elabora moitos produtos para a cociña.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain