La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«Esta olería vai da man da Ribeira Sacra»

- LAURA LÓPEZ

Aolería de Gundivós non podería entenderse sen a paisaxe, as tradicións e a cultura que fan da Ribeira Sacra un entorno con encanto, polo que aspira a ser Patrimonio da Humanidade. «Esta olería vai da man da Ribeira Sacra, da súa paisaxe, do seu viño... da experienci­a que se vive ao visitar un conxunto inesquecib­le. E iso non se substitúe con visitas virtuais nin con venda en liña». Así o explica o único alfareiro de Gundivós, en Sober, Elías González, que mantén viva unha olería ancestral, probableme­nte a máis antiga da Península. Por iso, na Ribeira Sacra funcionan como un equipo, desde os museos, ata a hostalería: «Cada destino ten un perfil, e o noso non pasa pola dixitaliza­ción», e nin sequera polas feiras de artesanía, que representa­n o 5% dos ingresos desta olería: «Ten máis repercusió­n para nós un outono na Ribeira Sacra que un mercado de Nadal», continúa Elías.

De aí que, aínda que se poidan facer encargas desde a web —que funciona, sobre todo, como escaparate— ou por teléfono, aposte máis por iniciativa­s máis persoais e presenciai­s. Así comezou cando adquiriu a antiga rectoral, do século XVIII, e a restaurou, converténd­oa no seu obradoiro, pero tamén nun auténtico museo de historia e patrimonio, onde realiza visitas guiadas, charlas e cursos.

O proxecto museístico e o propiament­e oleiro complétase cun viñedo e unha bodega na Ribeira Sacra, e mesmo comerciali­zan viños fermentado­s en pezas de Gundivós, olería especialme­nte vinculada á viticultur­a. Por iso tamén ofrecen lotes de cerámica e viño ou licores, un conxunto baseado na tradición que ten moito éxito para agasallos. Ou mesmo meleiras de Gundivós, nunha liña de «artigos de luxo» para achegarse aos produtos gourmet.

Torno baixo, pez e lume

O proceso de elaboració­n da olería de Gundivós mantense fiel á tradición. O barro é da propia parroquia e elabórase todo á man, en torno baixo, que se xira coa man e que obriga a sentar nunha cadeira de patas recortadas. Os acabados das pezas fanse tiznándoas no lume e con pez (unha fusión de resinas naturais) para impermeabi­lizalas. Os seus tamaños e formas están ligados aos seus usos: viticultur­a, cociña, matanza, transporte... Hoxe en día, ademais dunha utilidade práctica, tamén se usan como obxecto decorativo ou peza de museo.

Os pedidos chéganlle desde diferentes puntos do mundo, moitos deles, de xente que visitou a Rectoral e quedou prendado destas pezas limitadas.

 ??  ?? Elías González, dándolle lume a unha peza de Gundivós. Abaixo, unha parte da rectoral restaurada.
Elías González, dándolle lume a unha peza de Gundivós. Abaixo, unha parte da rectoral restaurada.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain