La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«Creo pezas que fagan un fogar máis cálido»

- LAURA LÓPEZ

Anatureza guía o traballo de Iria Pigueiras Vilar. Esta artesá de Viveiro, afincada en Santaballa (Vilalba), consegue levar a cada fogar e a cada estilismo que conte coas pezas do seu obradoiro, Imavi, un sopro de aire fresco e puro e un anaco da beleza da natureza. Flores, algas, resinas... están presentes nas súas creacións, que van desde as pezas de bixutería e complement­os ata cerámica.

«Aínda que comecei cos complement­os, agora estou facendo tamén murais e moitas pezas decorativa­s ou utilitaria­s, como vasos ou cuncas. A idea é crear pezas que fagan un fogar máis cálido, que conten cousas, que axuden á xente a sentirse máis rodeada na casa», explica esta artesá, que compaxina esta actividade coa docencia, xa que imparte clases de linguaxe musical e violín.

Pigueiras comezou de nena a interesars­e polas cores e as manualidad­es, e no 2010 comezou a dedicarse profesiona­lmente á artesanía, ao tempo que segue ampliando a súa formación. Empezou elaborando obras modeladas con flores secas e resinas, e continuou coa cerámica artística. «A maior parte das pezas son en porcelana e píntoas co pincel, e tamén uso elementos naturais, como flores secas, incluíndo as das verzas e os grelos», explica. Tamén elabora ilustració­ns con pluma, e transfire esas imaxes á arxila polimérica.

O seu traballo organízao en coleccións, tanto por técnicas como por temáticas: en ilustració­ns, «BN»; en flores, «Prenso, logo existen»; en porcelana, «Susana» e «Calma»; en resina con elementos do mar, «Emerxentes»; «Burbullas de terra e mar»...

As súas vendas realízaas, fundamenta­lmente, en feiras, e tamén recibe encargas, sobre todo para ocasións especiais. Aínda que non dispón dunha web de venda en liña, si que recibe peticións a través das redes sociais (Facebook e Instagram), teléfono, correo electrónic­o e WhatsApp. Tamén se poden adquirir as súas obras nas tendas Cepece e El Alquimista.

 ??  ?? Iria Pigueiras inspírase na natureza para as súas creacións.
Iria Pigueiras inspírase na natureza para as súas creacións.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain