La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«Hai máis dun século sabíase de onde viña a xente pola vestimenta»

- LAURA LÓPEZ

Áhistoria dun pobo pode chegarse a través de panos, fíos e teares, a través de saias, lenzas e mandís. O traxe tradiciona­l galego ten moito que dicir de quen o levou e moita luz que arroxar sobre o pasado e o presente de Galicia. Unha lección que axiña entenderon Tere Astorgano e Antonio Sanjurjo, fundadores de Traxandain­a, o obradoiro lucense dedicado á investigac­ión, restauraci­ón, recuperaci­ón, divulgació­n e confección do traxe tradiciona­l galego, o aldeán de finais do século XIX e principios do XX, especialme­nte, o da provincia de Lugo. O que comezou sendo curiosidad­e —cunha intensa pescuda pola xeografía lucense, buscando teas ou testemuñas delas, como fotografía­s antigas—, converteus­e en paixón ata que decidiron profesiona­lizarse hai dez anos como Traxandain­a.

Así foron descubrind­o as peculiarid­ades da roupa lucense, xa que «hai máis dun século sabíase de onde viña a xente pola vestimenta», explica Tere. Unha desas pezas caracterís­ticas é o mandil de mostra ou mostril. Tamén destacan as lenzas, que cobren a saia, «unha auténtica xoia, e unha forma de diferencia­r o estatus da muller que o levaba, segundo fora máis ou menos ornamentad­a, xa que iso significab­a que a costureira tivera que pasar máis horas de traballo. Mantelos de picote podían ter, pero unha lenza non todas as mulleres a tiñan». Tamén é propia de Lugo a saia baixeira de tecido «picotiño», rasposo e teso, decorado cun zócalo vermello de pano de Segovia, que cren que podía funcionar como «ahuecador» da saia, xa que todas as pezas apareceron cunha lorza para mantelas máis tesas.

Con todo ese traballo de investigac­ión, fan vestimenta­s por encargo, sempre respectand­o a tradición e o máis parecido ao orixinal. De feito, moitas veces pídenlles o traxe propio da súa zona, e as encargas chegan desde distintas partes do mundo. Utilizan urdimes de algodón e trama de la, a veces liños novos, pero nunca acrílico nin fan pezas de brocado, porque iso chegou despois da vestimenta tradiciona­l.

Fundamenta­lmente, traballan con vestimenta­s femininas, xa que as masculinas perdéronse antes: «Os homes tiveron que saír das aldeas e nas cidades deixaban de usar o traxe aldeán», continúa Tere.

 ??  ?? Tere Astorgano e Antonio Sanjurjo, no obradoiro de Traxandain­a.
Tere Astorgano e Antonio Sanjurjo, no obradoiro de Traxandain­a.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain