La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«Hai demanda de coitelos artesanais»

- LAURA LÓPEZ

Deseños sinxelos, liñas puras, materiais de calidade e «un corte impecable» é o que define á coitelería tradiciona­l da Fonsagrada, que recupera e actualiza o artesán Celso Núñez Ferreiro. Desde o seu obradoiro de San Martín de Suarna elabora a man pezas artesanais, únicas, distinguid­as por un corte excepciona­l, que as fai ser elixidas por moitos cociñeiros profesiona­is. A diferenza entre un coitelo industrial e outro artesanal é abismal para o cliente, segundo explica Ferreiro: «O baleirado é diferente, e iso inflúe no bordo e, por tanto, no corte, así que a calidade é moito maior nun coitelo artesanal. Ademais, o artesanal ten un deseño único e dura de por vida, non facemos pezas de usar e tirar».

Novas técnicas e materias foron chegando a este obradoiro para gañar en eficacia; emprega un aceiro inoxidable sueco e xaponés de gran calidade, ademais de madeiras de buxo, freixo, acacia, bidueiro e nogueira.

Liñas cadradas, sen punta

Todo iso sen perder o espírito da coitelería tradiciona­l fonsagradi­na, que se caracteriz­a por liñas cadradas, xeométrica­s, sen punta e cun bo corte. E faino para clientes de toda España e medio mundo: Reino Unido, Alemaña, Francia ou Xapón. Recibe encargos de particular­es, distribúe a tendas e tamén traballa da man de cociñeiros profesiona­is, como ten feito con Iñaki Bretal (O Eirado da Leña, Pontevedra), Héctor López (Restaurant­e España, Lugo) ou Lucía Freitas (A Tafona, Santiago). De feito, fomenta o diálogo entre artesanía e hostalería, que o levou a investigar durante anos en novos deseños de coitelos. Todo o proceso de creación, desde que pensa o patrón ata o acabado final, pode levar anos.

Os tipos de artigos que ofrece van desde coitelos e garfos de mesa —aos que vai incorporar proximamen­te unha liña de sobremesa, algo máis pequenos, para ter o xogo completo— ata pataqueiro­s, mixtos, ceboleiros, de trinchar, xamoneiros, navallas...

A irrupción da pandemia freou a celebració­n de feiras, pero explica que as encargas mantivéron­se: «Hai demanda de coitelos artesanais». Por iso afirma que este oficio —no que el se formou da man de grandes mestres ferreiros como Vicente da Porteliña e Oliverio de Queixoiro— ten futuro e un mercado ao que dar resposta. Aínda así, falta o relevo xeracional.

 ?? FOTOS MANUEL FERNÁNDEZ ?? O coiteleiro Celso Núñez Ferreiro, no seu obradoiro da Fonsagrada.
FOTOS MANUEL FERNÁNDEZ O coiteleiro Celso Núñez Ferreiro, no seu obradoiro da Fonsagrada.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain