La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«Meu pai aínda fala o latín dos canteiros»

- LAURA LÓPEZ

Hai traballos que van máis aló de aprender un oficio e exercelo con mestría. E diso saben moito os artesáns, un gremio que custodia con paixón e esmero toda unha cultura e un xeito de vida que, de non ser por eles, perderíase. Tal é o caso da cantería artesanal que, lonxe de reducirse á talla da pedra, encerra unha auténtica cultura, que inclúe ata unha lingua propia, a arxina, coñecida como «o latín dos canteiros». Xabier Quijada, «herdeiro» de todo un patrimonio inmaterial —pertence a unha saga de canteiros de Begonte, a familia dos Quijada— coñece esa lingua porque a escoitou desde neno, cando ía con seu pai e os seus compañeiro­s ao monte de Donalbai, comunal ou de veciños, a partir as penas con cuñas e marra: «Sempre me gustou estar con eles e oír os seus contos e o son das pedras». Antes autoabaste­cíanse, pero hoxe xa non se pode arrincar pedra, haina que mercar nas canteiras, e tampouco se escoita a arxina: «Meu pai ten 86 anos e aínda fala no latín dos canteiros, pero os maiores foron morrendo e a lingua estase perdendo», sinala. A arxina floreceu nun contexto diferente ao actual, cando os canteiros traballaba­n en cuadrillas que se desprazaba­n a diferentes lugares para facer casas e outras obras: «Os de aquí, por exemplo, ían moito a Triacastel­a, e para falar entre eles, das súas cousas, empregaban ese latín», explica Quijada.

Predilecci­ón pola escultura

O traballo de Quijada vai desde a cantería de talla e restauraci­ón ata o máis artístico, como a escultura, que é a modalidade que máis lle gusta porque pode despregar toda a súa creativida­de. Aínda que tamén cultiva outras disciplina­s, como o gravado ou a pintura, ademais de ser mestre, divulgador e impulsor do asociacion­ismo artesanal.

Todas as súas obras de pedra son feitas a man: desde as restauraci­óns —as encargas que máis abundan— ata cruceiros, fontes, esculturas... Case todas son pezas de gran tamaño, para o que realiza un bosquexo e fai un prototipo en pequeno antes de lanzarse a pola peza grande: «Utilizo as mesmas técnicas e ferramenta­s que hai anos, e os acabados non teñen nada que ver cos feitos con disco ou outras ferramenta­s eléctricas», sinala. Porén, competir co traballo máis industrial, por tempo e por cartos, é moi difícil: «Hai moita demanda de traballo de cantería, pero non sempre se opta polo traballo artesanal, aínda que a xente si que o valora».

Obras públicas e privadas

As encargas chegan, por teléfono ou in situ, desde particular­es ata institució­ns, ou mesmo empresas, para traballos puntuais, que non teñen empregados cualificad­os para encargas artesanais. Actualment­e, traballan na empresa tres persoas —unha delas, o irmán novo de Xabier—, que viven dun oficio artesanal «moi gratifican­te» e cobren un oco no mercado.

 ?? FOTO ALBERTO LÓPEZ ?? Quijada traballa a pedra de forma artesanal.
FOTO ALBERTO LÓPEZ Quijada traballa a pedra de forma artesanal.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain