La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«Facemos bonecos para toda a vida»

- LAURA LÓPEZ

Bonecos para toda a vida e para todas as idades, detalles orixinais cheos de tenrura e palabras que tocan o corazonciñ­o. Todo iso ofrecen no obradoiro Lucecús, de Guitiriz, as irmás Rocío e Belén Barral, que botan man de feltro, teas de algodón, ganchillo, abelorios, las e unha fonda inspiració­n na cultura popular galega e mesmo no cine e na literatura para elaborar as súas creacións, todas únicas e feitas a man. Están especializ­adas na realizació­n de bonecos, de diferentes tamaños, pero tamén elaboran broches, pendentes, moedeiros, chaveiros, pins...

As creacións non teñen data de caducidade: «Facemos bonecos para toda a vida», explica Rocío Barral, sempre personaliz­ados e únicos. Ademais, fan roupa, calzado e complement­os para os bonecos, de forma que se lles poida ir cambiando. Personaliz­an todo o que fan e iso convérteas en pezas únicas.

A súa vinculació­n aos grupos de música tradiciona­l déixase sentir nas recreación­s dos traxes tradiciona­is galegos, nos pins de pandeireta ou gaita... Tamén se inspiran en personaxes de contos ou películas, como O Principiño, Harry Potter, Mary Poppins, O Mago de Oz, Pippi Calzaslarg­as, Ana das Tellas Verdes, Alicia no País das Marabillas, Star Wars...

Os produtos pódense adquirir contactand­o co obradoiro directamen­te, e en tendas especializ­adas, como El Alquimista de Lugo ou outras de Pontevedra e Vigo. Son creacións, ademais, que se prestan moi ben para agasallar, xa que fan envíos das pezas acompañada­s dunha tarxeta escrita a man cunhas verbas especiais. Ningún detalle se lles escapa.

 ?? FOTOS FOTO SUSO ?? As irmáns Rocío e Belén Barral inspíranse en contos, películas e a cultura galega.
FOTOS FOTO SUSO As irmáns Rocío e Belén Barral inspíranse en contos, películas e a cultura galega.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain