La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«As noivas fóronme levando a este sector»

- LAURA LÓPEZ

Entre sedas, bordados, encaixes de Camariñas, fíos e las rústicas van tecendo os soños das noivas no taller de Sara Lage, unha deseñadora lucense especializ­ada en traxes de cerimonia e que se fai cargo de todo o proceso de creación: desde o deseño, ata o patronaxe, o corte e a propia costura. Con ela traballan tres profesiona­is máis, que este ano tiveron que facer fronte a un escenario «desastrosí­simo, con case un ano de facturació­n perdida», explica Sara Lage. E é que a pandemia obrigou a aprazar case todas vodas previstas para esta campaña.

Aínda así, non para de traballar: «Agora estamos rematando os vestidos das nenas que aprazaron e tamén estamos traballand­o coas datas novas das que casan no 2021», explica. O novo contexto, ademais, cambiou as rutinas de traballo: calquera visita ao taller require duns protocolos previos e posteriore­s de desinfecci­ón, polo que opta, sempre que sexa posible, por desprazars­e ela mesma aos domicilios das clientas, para entrevista­s, probas, arranxos... «Son modista a domicilio», conta Sara entre risos.

O seu son os traxes para cerimonias, principalm­ente, noivas, nunha deriva que foi chegando soa: «Desde sempre me gustou traballar coa cor branca, vense moito as texturas... E as propias noivas empezaron a chamarme e fóronme levando cara a este sector», explica. Noivas galegas, principalm­ente, pero tamén recibe encargas doutros puntos do país, que buscan o selo de Sara Lage.

O proceso para crear un vestido de noiva é longo e laborioso, «require entre nove e doce meses», recoñece Lage. É un percorrido longo que comeza cunha entrevista de Sara Lage coa noiva, para coñecer os seus gustos e desexos, pero tamén a súa personalid­ade: «Hai un contacto persoal moi estreito, e ao final tamén me ilusiono coas noivas».

No taller fan o deseño exclusivo, a medida, patronaxe e confección, coidando cada detalle; de feito, hai unha traballado­ra especializ­ada en bordado. En canto os encaixes e puntillas, moi presentes nas pezas de Sara Lage, utiliza exclusivam­ente os de Camariñas.

Reutilizac­ión de teas antigas

Polo que se refire aos materiais que máis utiliza, depende dos presuposto­s e dos desexos das noivas, pero sempre intenta empregar sedas e las rústicas, e bota man de provedores nacionais, italianos ou franceses. Porén, noutras ocasións toca facer traballo de «restauraci­ón», xa que algunhas noivas lle levan un vestido da familia —co que casou a nai, por exemplo—, para adaptalo á nova noiva, ou teas antigas que teñen un valor sentimenta­l moi forte na familia, para utilizar na confección do vestido. Todo un reto para a deseñadora, que acada resultados emotivos, ademais de fermosos.

A travesía de Sara Lage no actual taller de moda e creación artesanal comezou no 2017 e o balance destes anos é moi positivo: «Atopamos estabilida­de e o noso sitio, así estamos ben, tampouco queremos medrar máis», explica.

 ??  ?? Sara Lage, no seu obradoiro de Lugo, e algunhas das súas creacións.
Sara Lage, no seu obradoiro de Lugo, e algunhas das súas creacións.
 ??  ??
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain