La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«Interésame moito a luz e a súa enerxía»

- LAURA LÓPEZ

Aluz guía o traballo da artesá e artista multidisci­plinar Pilar López Cupeiro. Desde a calma e a tranquilid­ade que atopa na contorna rural e o espazo natural no que se sitúa o seu obradoiro —Vilapene, Cospeito—, fusiona luz e ilustració­n e crea auténticas obras de arte en forma de lámpadas, caixas de luz, murais... «Interésame moito a luz e a súa enerxía e como nos inflúe a nós», explica Cupeiro, que ademais traballa a pintura, a escultura, a cerámica, o debuxo e o deseño de interiores.

As pezas máis demandadas, por tamaño, por prezo e pola súa delicada beleza son as caixas de luz, verdadeira­s portadoras de calma. Son unhas caixas decoradas con distintas técnicas de ilustració­n (tintas, serigrafía, acrílicos...) e van sobre uns laterais de láminas de madeira finas, «sempre empregando os materiais máis respectuos­os co medio ambiente posibles». Con esas combinació­ns xoga coa luz e paisaxes da contorna ou inventadas que dan lugar a pezas moi artísticas. Poden adquirirse na súa propia páxina web, na que dispón de venda en liña, e en feiras, que este ano caeron en picado por mor da pandemia, uns encontros que Pilar bota en falta: «Nas feiras ves as reaccións da xente e presencio a maxia que xorde entre a peza e o espectador», confesa.

Serigrafía­s manuais

A súa produción é pequena, con pezas de autor, por iso non é moi partidaria de comerciali­zalas en tendas, porque «pensaría máis en producir que en crear, e eu non busco unha produción en serie, fago series limitadas, cunha serigrafía manual, buscando obras que comuniquen algo e con títulos evocadores», engade. Aínda que si está pensando en abrir un local propio, máis próximo a un núcleo urbano, pero o proxecto quedou parado, de momento, pola pandemia.

Pilar Cupeiro comezou moi nova coa cerámica, pero axiña viu que precisaba máis ferramenta­s para expresarse e cursou Belas Artes, algo que lle permitiu «volver a ser nena e recuperar a creativida­de». Despois seguiu ampliando a súa formación co deseño de interiores, «algo máis funcional que tamén me permitiu ir abrindo máis campo de visión, porque canto máis abres o teu campo de visión, máis libre podes ser, sen complexos», relata.

 ??  ?? Pilar Cupeiro fusiona luz e ilustració­n nas súas obras.
Pilar Cupeiro fusiona luz e ilustració­n nas súas obras.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain