La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«Precisas todos os sentidos para tornear»

- LAURA LÓPEZ

«Optei por unha forma de vida relacionad­a coa artesanía e co rural, co natural», explica Vicente Ledo, torneiro de Xermade, impulsor dos Encontros Internacio­nais de Torneiros da Madeira —que reúnen cada ano a uns 5.000 torneiros de todo o mundo— e creador do proxecto integral Aldea Artesán de A Fraga, un espazo no que fan simbiose artesanía e turismo rural e desde o que se investiga, se divulga e se recuperan os oficios tradiciona­is relacionad­os coa madeira, especialme­nte, o torneado. «Pero, sobre todo, tentamos responder ás necesidade­s da contorna, damos formación, recuperamo­s un oficio... e así tamén recuperamo­s unha parte importante da que somos custodios, que é a artesanía e tamén a cultura», sinala este artesán, que se criou entre garlopas, trenchas e serras, pasando boa parte da súa infancia no taller de ebanisterí­a que tiñan nas Pontes seu avó e seu pai. Alí comezou a descubrir os segredos do oficio, cunha produción adaptada ás necesidade­s da contorna: desde bancos para a igrexa ou mobles ata sellas ou copetas para o pan.

Un oficio ancestral

En Xermade comezou coa restauraci­ón de mobles e actividade­s de animación sociocultu­ral, e especializ­ouse no torneado de madeira, un oficio que en Galicia se remonta á Idade do Bronce ou do Ferro: «O torno estaba moi xunguido á vida no rural; os ferreiros, por exemplo, tíñano, para os mangos dos coitelos e outros usos. Lugares como Xermade, As Pontes ou como Ibias (Asturias), ademais, eran zonas de tradición de torneiros». Para aproximars­e a toda esa historia da cultura material en madeira na Idade do Ferro resulta especialme­nte valioso o recentemen­te estreado documental O latexo do tempo humano, realizado por María Martín Seijo, investigad­ora posdoutora­l da USC; un audiovisua­l que nace a partir do estudo das pezas de madeira carbonizad­a do Castro de Castromaio­r (Portomarín).

Vicente Ledo destaca que o torneado é un oficio con complicaci­óns técnicas, pero dinámico, máis rápido que a talla ou a restauraci­ón, «moi áxil e non é moi esixente fisicament­e, así que hai cada vez máis afeccionad­os a esta técnica». As madeiras que emprega proceden todas da zona, de limpezas e podas de fincas próximas: «Emprego madeiras brandas, que se poden usar en verde, como o ameneiro ou o bidueiro».

As técnicas non cambiaron, pero as ferramenta­s son cada vez de mellor calidade.

De todo ese proceso saen todo tipo de pezas, desde funcionais, como cuncas, a decorativa­s, que se venden, fundamenta­lmente, na contorna, pero tamén van para outras partes do mundo, como Estados Unidos ou países europeos. Aínda así, todo ese saber facer, ese tempo, ánimo e dedicación, non chegan para competir coa produción industrial e, por tanto, dificilmen­te dá para vivir. E niso ten moito que ver a mentalidad­e: «Aquí pides 150 euros por unha cunca e a moitos parécelle cara. En Inglaterra está máis cara e cómprana. Creo que hai que facer algo máis de didáctica, explicando o porqué dos prezos e o que conleva o traballo artesanal, precisas todos os sentidos para tornear... e hai unha tradución emocional nas pezas».

 ?? FOTO ÓSCAR CELA ?? Ledo da vida ao oficio do torneado desde o seu obradoiro de Xermade.
FOTO ÓSCAR CELA Ledo da vida ao oficio do torneado desde o seu obradoiro de Xermade.
 ??  ??
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain