La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«Hago series limitadas y piezas únicas»

- LAURA LÓPEZ

Deseño e artesanía fúndense no obradoiro de xoiería Milbrumas, onde Estefanía Gazol fai verdadeira­s obras de arte con cada peza, na súa maioría, obxectos de adorno persoal, aínda que tamén realiza detalles para ocasións especiais, empregando sempre prata de lei, que combina, se o deseño o require, con outros elementos, como madeira, acibeche ou pedras naturais.

A creativida­de que desde sempre amosou Estefanía foise inclinando cara a xoiería, formándose en deseño de xoias e deseño gráfico. No 2015 decidiu crear a súa propia firma, Milbrumas, na que os clientes atopan sempre algo diferente: «Es una de las cosas que más me comentan tanto hombres como mujeres. Las joyas las elaboro pensando no solo en el diseño, sino también en la comodidad a la hora de ser llevadas», explica. O proceso creativo xurde a partir dunha idea que desenvolve bosquexand­o sobre papel e realizando posteriorm­ente un prototipo da mesma: «Suelo hacer coleccione­s de poca tirada, series limitadas y piezas únicas porque no me gusta repetir. También realizo diseños exclusivos para eventos especiales por encargo».

A maioría dos clientes contactan con ela a través da web, pero tamén se poden adquirir as súas pezas en tendas como El Alquimista, de Lugo, ou Breca, de Santiago de Compostela. A venda en feiras é outra das vías, e este Nadal participou no mercado Las Casas del Árt y Co. A maiores, «seguiré trabajando y optaré por volcarme en mi tienda on-line. Estoy centrada en los encargos de cara a estas fiestas, actualizan­do mi web y subiendo nuevas piezas que van saliendo del taller».

 ?? FOTOS MILBRUMAS ?? Estefanía Gazol, no seu obradoiro en Lugo.
FOTOS MILBRUMAS Estefanía Gazol, no seu obradoiro en Lugo.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain