La Voz de Galicia (Lugo) - La Voz de Galicia (Lugo) - Especial3

«Traballo con pedra e pel para interioris­mo»

- LAURA LÓPEZ

Ser finalista nos Premios Nacionais de Artesanía, que convoca o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, fixo que as encargas ao obradoiro de marroquine­ría de Santiago Besteiro, que xa habitualme­nte ten un volume de traballo importante, chegasen a moreas, sobre todo nestes tempos de agasallos para Nadal.

Do taller deste artesán de Monterroso saen pezas de alta calidade que el mesmo deseña e fabrica, fundamenta­lmente, bolsos, combinando o traballo da pel co da madeira, a pedra e a escultura.

Innovación, tradición, calidade e conciencia­ción medioambie­ntal van da man nas creacións de Besteiro, que xa deu tamén os seus primeiros pasos no ámbito do interioris­mo e a decoración, con tallos, lámpadas, vasixas, esculturas... A súa nova colección, coa que vai continuar no 2021, chámase «Domus», e xa conta con pezas escultóric­as en forma de vasos de gran tamaño (dun metro), cunha base de pedra e unha estrutura de pel: «Traballo con pedra e pel para interioris­mo, seguindo coas técnicas que tamén uso nos bolsos, de mesturar diferentes materiais. Neste caso, ademais, está moi vinculado coa nosa cultura, coa tradición, coa pedra de granito, moi apreciada e utilizada en Galicia, e co coiro, tamén propio desta terra», explica Besteiro.

Etiquetas de trazabilid­ade

Outra liña de traballo na que pretende profundar aínda máis é a da sostibilid­ade, moi presente tamén na súa obra: «Primo os valores da sostibilid­ade, o compromiso coa cultura e coa preservaci­ón dun oficio artesán e a calidade á hora de fabricar as pezas, para que leven a un consumo menor. A idea é fomentar o consumo responsabl­e, comprando obxectos de máis calidade, polo que se consumiría menos», sinala. Agora dará un paso máis incorporan­do etiquetas de trazabilid­ade.

Máis da metade da súa clientela procede de Europa central, sobre todo, de Alemaña e Inglaterra. As feiras profesiona­is eran a súa principal vía para vender, aínda que tamén recibe encargas en liña e ten produtos en tendas especializ­adas: «Con este novo escenario estou traballand­o tamén nunha nova web porque todo mudou e quero impulsar a venda on-line ».

 ??  ?? Santiago Besteiro investiga sobre materiais, formas e deseños, e prima o coiro, a pedra e a madeira.
Santiago Besteiro investiga sobre materiais, formas e deseños, e prima o coiro, a pedra e a madeira.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain