O guión im­po­si­ble de Ote­ro Pe­dra­yo

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . EN GALEGO -

Ao re­dor de 1947, Ote­ro Pe­dra­yo re­ci­biu a en­car­ga dun guión so­bre a ru­ta xa­co­bea pa­ra Sue­via Films, a pro­du­to­ra do vi­gués Ce­sá­reo Gon­zá­lez. Non hai no­ti­cia de que a pe­lí­cu­la do­cu­men­tal se che­ga­se a ro­dar, pe­ro o tex­to con­ser­vou­se no le­ga­do de José Ro­drí­guez de Vi­cen­te, Jo­se­lín, ins­ti­ga­dor do pro­xec­to e ami­go de Ote­ro den­de os tem­pos das Ir­man­da­des da Fa­la. Esas son as páxinas que se pre­sen­tan ho­xe nun­ha in­tere­san­te edi­ción de Lau­ra Ta­to, quen apun­ta que o guión foi cua­li­fi­ca­do co­mo «de­tes­ta­ble» por Ja­vier Ma­ría Eche­ni­que, da­que­la «se­cre­ta­rio na­cio­nal de pro­pa­ga­ción de la fe», e co­mo «un gran poe­ma» por Ra­món Pi­ñei­ro, re­ceo­so de que na pro­du­to­ra con­se­gui­sen es­tar á al­tu­ra do es­cri­to. En reali­da­de, o xus­to se­ría re­la­ti­vi­zar am­bas opi­nións. É cer­to que se tra­ta dun pro­xec­to im­po­si­ble de le­var á pan­ta­lla, con in­di­ca­cións des­con­cer­ta­do­ras e diá­lo­gos bas­tan­te ex­cén­tri­cos, pe­ro o «de­tes­ta­ble» do cen­sor ti­vo que ver máis co seu desacor­do co en­fo­que re­li­xio­so do tex­to. E po­de­mos in­ter­pre­ta­lo co­ma «un gran poe­ma» se re­pa­ra­mos no arrou­bo lí­ri­co e ar­cai­zan­te dal­gun­has pa­sa­xes, atei­ga­das dun es­ma­ga­dor cul­tu­ra­lis­mo non ac­ce­si­ble pa­ra to­dos os pú­bli­cos. Qui­zais des­orien­te un­ha in­mer­sión nes­tas páxinas ma­ti­nan­do en co­mo fa­rían Juan de Or­du­ña (o di­rec­tor es­co­lli­do por Sue­via) e Ce­sá­reo Gon­zá­lez pa­ra sin­te­ti­za­ren en ho­ra e me­dia a pro­pos­ta ote­ria­na. O me­llor, á vis­ta da súa di­fi­cul­ta­de, é sa­bo­rea­las co­ma un do­cu­men­to his­tó­ri­co de in­du­bi­da­ble in­tere­se.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.