Pro­po­ñen fa­cer un pro­to­co­lo de re­ti­ra­da de plás­ti­cos en so­la­res de Lu­go

La Voz de Galicia (Lugo) - Lugo local - - LUGO -

Es­ta­ble­cer un pro­to­co­lo de re­ti­ra­da de plás­ti­cos e re­si­duos iner­tes dos te­rreos que se ro­cen na ci­da­de lu­cen­se. Esa é una pro­pos­ta fei­ta po­lo gru­po mu­ni­ci­pal do BNG a tra­vés do seu vo­cei­ro, Ru­bén Arro­xo. Se­gun­do di­xo, ao re­ti­rar a ma­le­za apa­re­cen mi­les de plás­ti­cos frag­men­ta­dos que re­ma­tan nos su­mi­doi­ros «e in­clu­so po­den che­gar ao río e ao mar». Un dos exem­plos é o apre­cia­do re­cen­te­men­te no en­torno do cen­tro co­mer­cial Abe­lla.

Nas vin­dei­ras se­ma­nas, os na­cio­na­lis­tas van pre­sen­tar un­ha ini­cia­ti­va pa­ra que se re­gu­le a re­ti­ra­da dos plás­ti­cos nos tra­ba­llos de lim­pe­za de so­la­res. «De na­da ser­ve que se obri­gue aos su­per­mer­ca­dos a co­brar as bol­sas se dei­xa­mos voar os plás­ti­cos que es­tán ti­ra­dos en fin­cas e es­pa­zos pú­bli­cos», di­xo o con­ce­llei­ro Arro­xo. Di­xo que se avan­za­ra moi­to no ca­so das ro­zas, pe­ro ago­ra es­ti­ma que de­be afon­dar­se aín­da máis na lim­pe­za. Lem­brou que va­rios gru­pos de ve­ci­ños ti­ñan con­tac­ta­do coa for­ma­ción na­cio­na­lis­ta pa­ra mos­trar a preo­cu­pa­ción po­la si­tua­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.