To­dos os ca­mi­ños de Án­xel Fo­le

O Lu­go an­te­rior a el e o do seu tem­po aca­da­ron am­plo pro­ta­go­nis­mo na súa obra

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial1 - - As Nosas Letras - X.M.PA­LA­CIOS

«Pa­ra min, Fo­le ía pa­ra no­ve­lis­ta». Quen así coida­ba que ha­bía ese des­tino era Ál­va­ro Cun­quei­ro. Os seus ca­mi­ños coin­ci­di­ron, mes­mo ata le­va­los á mes­ma pen­sión, no San­tia­go dos anos trin­ta. Foi en­tón can­do Ál­va­ro Cun­quei­ro che­gou á con­clu­sión de que Án­xel Fo­le (1903-1986) es­ta­ba cha­ma­do a ser no­ve­lis­ta.

Fo­le mi­ra­ba da­que­la arre­dor de si co­mo se os de­mais fo­sen per­so­na­xes de no­ve­la. Así o afir­mou Cun­quei­ro, que fi­xo esas con­si­de­ra­cións nes­te mes­mo xor­nal, nun ar­ti­go de agos­to de 1953. O ar­ti­go es­cri­biu­se pa­ra co­men­tar os ca­mi­ños de Fo­le, que eran al­go dis­tin­tos dos que pa­re­cía que ía to­mar 20 anos an­tes. O Fo­le que nun mo­men­to ou ou­tro co­me­za­ría a tra­xec­to­ria de no­ve­lis­ta aca­ba­ba de ini­ciar un per­co­rri­do po­lo ca­mi­ño do re­la­to cur­to.

Á lus do can­dil era a obra que Fo­le vi­ña de pu­bli­car. Cun­quei­ro an­da­ba da­que­la a dar­lle vol­tas ao seu pri­mei­ro li­bro de pro­sa en ga­le­go, co­mo re­co­ñe­ce­ría ca­tro me­ses des­pois de ce­le­brar a apa­ri­ción da co­lec­ción de re­la­tos de Fo­le: «Pois an­do en his­to­rias co se­ñor Mer­lín, o an­ti­go en­can­ta­dor, se­guín­do­lle os pa- sos ás súas ma­xias...», es­cri­bía nou­tro ar­ti­go.

Se en 1953 Fo­le co­me­za­ba o ca­mi­ño da na­rra­ti­va cur­ta, cóm­pre lem­brar que ou­tros ca­mi­ños, os de Ga­li­cia e as súas xen­tes, fo­ron am­pla­men­te co­ñe­ci­dos po­lo es­cri­tor lu­cen­se. As te­rras do Ini­cio e do Cou­rel te­ñen un­ha am­pla pre­sen­za nos re­la­tos de Fo­le, aín­da que non me­nor é a pre­sen­za da ci­da­de na­tal, ben en pa­sa­do, ben nos seus tem­pos.

Non de­be de ser ca­sual que un dos ca­pí­tu­los da obra com­ple­ta de Fo­le en ga­le­go se­xa a ti­tu­la­da Estampas do Lu­go ve­llo, nin tam­pou­co que ou­tra se­xa Con­tos e ti­pos de Lu­go. Po­rén, Fo­le, lem­bra­do no Día das Le­tras Ga­le­gas de 1997, non dei­xou de con­tem­plar o seu tem­po e as súas cir­cuns­tan­cias nin de di­ri­xir a súa olla­da máis aló Un­ha es­ta­tua lem­bra, den­de hai anos, a Án­xel Fo­le no cen­tro de Lu­go, na pra­za Fer­nán­dez Gó­mez, co con­xun­to da pra­za Maior e da ca­te­dral ao fondo ne­sa pai­sa­xe ur­ba­na

do Pi­ca­to ou de Ro­zas.

As im­pre­sións so­bre ou­tros es­cri­to­res — Ro­sa­lía de Cas­tro e Pi­men­tel, pe­ro ta­mén, por exem­plo, Dic­kens ou Juan Ra­món Ji­mé­nez— ou so­bre ami­gos —o pin­tor Co­rre­doi­ra ou

o bi­blió­fi­lo e ga­le­guis­ta Fermín Pen­zol— non que­da­ron fó­ra do seu la­bor li­te­ra­rio. Pa­ra Fo­le, que nun­ha li­te­ra­tu­ra se desen­vol­va a na­rra­ti­va vén ser al­go esen­cial: «A cou­sa vén de seu. Un­ha li­te­ra­tu­ra non é tal li­te­rar­tu­ra se

non ten na­da que con­tar», es­cri­biu. Ca­be su­po­ñer, pois, que a ga­le­ga xa é hoxe, por de­rei­to pro­pio, un­ha li­te­ra­tu­ra com­ple­ta, a cu­xo de­sen­vol­ve­men­to el, coa súa cu­rio­sa olla­da, tan­to con­tri­buíu.

FO­TO ARQUIVO PEINÓ

Án­xel Fo­le

FO­TO CARLOS CAS­TRO

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.