Un poe­ta en­tre dúas te­rras

Ma­nuel Rodríguez López, na­do en Pa­ra­de­la, es­pa­llou a cul­tu­ra ga­le­ga en Ca­ta­lu­ña

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial1 - - As Nosas Letras - X.M.PA­LA­CIOS

Un­ha fi­gu­ra co­mo Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno, eli­xi­da po­la Real Aca­de­mia Ga­le­ga pa­ra pro­ta­go­ni­zar os ac­tos do día de hoxe, amo­sa co­mo o ven­ce­llo cun te­rri­to­rio se es­ta­ble­ce por ra­zóns que van máis aló do ber­ce ou de anos pa­sa­dos na ne­nez. A es­cri­to­ra che­gou a Ga­li­cia, aín­da no­va pe­ro adul­ta, e de­sa es­ta­día xur­diu a súa con­di­ción de es­cri­to­ra ga­le­ga, cues­tión que pou­cas du­bi­das po­de­rá xe­rar.

Hai ou­tros es­cri­to­res que man­te­ñen a re­la­ción con Ga­li­cia mes­mo vi­vin­do moi­tos anos nou­tros lu­ga­res. A vi­da de Ma­nuel Rodríguez López (19341990) trans­co­rreu fun­da­men­tal­men­te en Ca­ta­lu­ña, a on­de mar­chou con seis anos; pe­ro nin per­deu o con­tac­to coa te­rra de ori­xe, á que adoi­ta­ba vol­ver, nin a con­di­ción de poe­ta ga­le­go lle re­sul­ta allea.

Da mes­ma ma­nei­ra que a fi­gu­ra dun es­cri­tor pre­ci­sa cer­tos apoios, non sem­pre ex­plí­ci­tos nin ex­pli­ca­dos, pa­ra aca­dar a de­di­ca­to­ria dun Día das Le­tras Ga­le­gas des­pois de que al­gun­has aso­cia­cións amo­sen ese desexo, o re­co­ñe­ce­men­to pro­du­ce un­ha di­fu­sión da súa obra. Ma­nuel Rodríguez López, aín­da non eli­xi­do po­la Real Aca­de­mia Ga­le­ga, ten a van­ta­xe de ser me­re­cen­te de aten­cións an­tes de pro­ta­go­ni­zar un 17 de maio.

Ne­sa cam­pa­ña es­tá a xo­gar un pa­pel de­ci­si­vo Ga­li­cia Di­gi­tal, que hai va­rios anos co­me­zou a tra­ba­llar pa­ra es­pa­llar a súa obra, a súa con­di­ción de ga­le­go en Ca­ta­lu­ña e o seu tra­ba- llo por ache­gar eses dous te­rri­to­rios. Co­mo se ca­dra non po­de­ría ser dou­tro xei­to, un­ha das prin­ci­pais con­se­cuen­cias dese es­for­zo foi a pu­bli­ca­ción do li­bro Ma­nuel Rodríguez López 25 anos des­pois. Me­mo­ria vi­va dun poe­ta obrei­ro, coor­di­na­do por An­to­nio Giz.

O tí­tu­lo é abon­do cla­ro, co­mo ta­mén o son moi­tos dos tra­ba­llos in­cluí­dos ne­sa obra. Adol­fo de Abel Vi­le­la re­fí­re­se a Rodríguez co­mo ga­le­go de na­ción e ca­ta­lán de adop­ción, aín­da que en­ga­de un da­to que amo­sa ta­mén a súa con­di­ción de es­cri­tor: adoi­ta­ba le­var can­da el un pe­queno ca­derno pa­ra to­mar no­tas, xa que era ra­ro o día que pa­sa­ba sen es­cri­bir.

O que es­cri­bía e por que o es­cri­bía non lle pa­sou inad­ver­ti­do a Xe­sús Alon­so Mon­te­ro. O ex pre­si­den­te da Real Aca­de­nia Ga­le­ga es­co­lle al­gúns poe­mas de Rodríguez pa­ra re­flec­tir o seu com­pro­mi­so co idio­ma nun­ha li­ña se­me­llan­te á que nal­gúns mo­men­tos eli­xi­ron Cu­rros En­rí­quez ou Cel­so Emi­lio Fe­rrei­ro, es­cri­to­res que em­pre­gan o ga­le­go cons­cien­tes da súa con­di­ción de fa­la po­pu­lar e sen pres­ti­xio so­cial.

Aín­da que na­do en Pa­ra­de­la, al­gun­has das ami­za­des e dos cos­tu­mes de Rodríguez uní­rono coa Te­rra Chá. A súa ami­za­de con Darío Xoán Ca­ba­na ou con Xosé Ma­nuel Car­ba­llo re­flíc­te­se nos tex­tos que am­bos ous dous lle de­di­can no li­bro: o pri­mei­ro, un poe­ma ti­tu­la­do A Ma­nuel; o se­gun­do, fa­le­ci­do en­tre a redacción da co­la­bo­ra­ción e a pu­bli­ca­ción, a Car­ta aber­ta a Ma­no­lo Ro­dri­guez. A con­di­ción de ga­le­go re­si­den­te en Bar­ce­lo­na é su­bli­ña­da por Xosé Lois Fo­xo.

Pe­ro se Ma­nuel Rodríguez na­ceu no con­ce­llo de Pa­ra­de­la, ta­mén se po­de di­cir que foi al­go chai­re­go, non só­lo po­la ami­za­de con xen­tes da Te­rra Chá se­nón po­la de­ci­sión dou­tro que che­gou á co­mar­ca e aca­bou por con­ver­te­la na súa ca­sa. O coor­di­na­dor de Xer­mo­los, Al­fon­so Blan­co, lem­bra que de­cla­rou a Ma­nuel Rodríguez López, en 1989, fi­llo adop­ti­vo da Te­rra Chá, A de­ci­sión to­mou­se po­lo ve­rán, coin­ci­din­do co fes­ti­val de Par­di­ñas, Os re­co­ñe­ce­men­tos a Ma­nuel Rodríguez che­gá­ron­lle ta­mén no seu lu­gar de ori­xe. A Ca­sa da Cul­tu­ra de Pa­ra­de­la le­va o seu no­me, e do seu con­ce­llo na­tal é fi­llo pre­di­lec­to. Ou­tra de­ci­sión que man­tén vi­vo o seu no­me foi a crea­ción dun pre­mio de poe­sía, que pro­mo­ve o Con­ce­llo e que xa aca­dou as 20 edi­cións. No ce­mi­te­rio de Pa­ra­de­la, ade­mais, acou­gan os seus res­tos.

que Xer­mo­los or­ga­ni­za en Gui­ti­riz den­de fi­nais dos se­ten­ta.

Ga­le­go en Ca­ta­lu­ña, foi, ca­se se po­de di­cir que so­bre to­do, poe­ta. Xu­lio Xiz, nun­ha in­ter­ven­ción na Ca­sa de Ga­li­cia en Ma­drid que se re­pro­du­ce no li­bro, afir­ma al­gúns dos poe­mas de Ma­nuel Rodríguez ve­ñen ser «do­cu­men­tos con va­lor no­ta­rial so­bre a emi­gra­ción, os obrei­ros, as em­pre­sas, a vi­da dos anos se­sen­ta e se­ten­ta».

Po­rén, o seu ac­ti­vis­mo so­cial e cul­tu­ral le­vouno a ser con­fe­ren­cian­te, a co­la­bo­rar en xor­nais ou a pre­pa­rar tra­du­cións. Ás ve­ces, aos que vi­ven gran par­te da vi­da fó­ra da te­rra de ori­xe cús­ta­lles aca­dar re­co­ñe­ce­men­tos; pe­ro no seu ca­so hai un­ha ex­po­si­ción iti­ne­ran­te que es­tá a con­se­guir ese ob­xec­ti­vo, amo­san­do en pa­neis to­das as súas fa­cia­nas.

Ma­nuel Ro­drí­guz, á es­quer­da, re­ci­bin­do un pre­mio

De­bu­xo de Si­ro, re­pro­du­ci­do na por­ta­da do li­bro

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.