Os ar­te­sáns á vis­ta

Tra­xan­dai­na pro­mo­ve a se­gun­da edi­ción de Cul­tu­ra e Tra­di­ción no Ca­mi­ño

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial1 - - Tradicións - SU­SO VA­RE­LA

O pa­sa­do ano co­me­zou sen­do un­ha ac­ti­vi­da­de dun só día, o que se de­di­ca ao Ca­mi­ño Pri­mi­ti­vo, pe­ro de­bi­do ao éxi­to e in­tere­se da ini­cia­ti­va o Con­ce­llo de­ci­diu crear un mi­ni pro­gra­ma es­pe­cí­fi­co da se­gun­da edi­ción de Cul­tu­ra e Tra­di­ción no Ca­mi­ño. Des­de o luns 8 e ata o venres 12 ha­be­rá no Can­ti­ño Ne­me­sio Co­bre­ros, xun­to ao Ve­llo Cár­ce­re, un­ha car­pa para ver in si­tu de­mos­tra­cións de ar­te­sáns e par­ti­ci­par de ma­nei­ra aber­ta en obra­doi­ros. Tra­xan­dai­na, que di­ri­xe o artesán An­tón San­jur­jo, é a en­car­ga­da dun­ha pro­gra­ma­ción que es­te ano te­rá un li­miar no Do­min­go das Mo­zas, xa que par­ti­ci­pan na mostra de traxe ga­le­go.

No to­can­te á pro­gra­ma­ción das ac­ti­vi­da­des, cun­ha car­pa aber­ta de 12.00 a 20.00 ho­ras du­ran­te a vin­dei­ra se­ma­na, os asis­ten­tes po­de­rán ver e par­ti­ci­par en ofi­cios co­mo o li­ño, es­te luns coa Aso­cia­ción de Mu­lle­res de In­sua (Vi­lal­ba). O mar­tes ha­be­rá des­de a ma­ñá obra­doi­ros de la, e pola tar­de ac­tua­rá Bruno Vi­lla­mor e Bran­ca Vi­lla­res ofre­ce­rá un obra­doi­ro de can­to e pan­dei­re­ta. O mér­co­res se­rá o día dos obra­doi­ros de te­ci­dos e ta­piz (Inés Rir), ces­te­ría e pa­li­llo (Bea Va­lín) e téc­ni­cas de zo­quei­ros, em­pre­gan­do ma­te­riais de re­ci­cla­xe. Pre­ci­sa­men­te o xo­ves es­ta­rá o co­ñe­ci­do zo­quei­ro Alberto Gea­da, cun­ha de­mos­tra­ción do an­ti­go ofi­cio. Ta­mén ese día, Ál­va­ro M.Leiro ex­po­rá o tra­ba­llo de cons­tru­ción de co­ro­zas. E o venres ha­be­rá obra­doi­ros de mú­si­ca tra­di­cio­nal, con Lis La­tas so­bre gai­ta e Xa­ne­co Tu­bío so­bre per­cu­sión.

Tra­xan­dai­na pre­sen­ta­rá o do­min­go vin­te tra­xes e ves­ti­dos ga­le­gos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.