A ar­te­sa­nía fei­ta des­de a pai­xón

Co­ra­zóns Ar­te­sáns pro­mo­ve un ano máis o San Froi­lán Te­ce­dei­ro

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial1 - - Tradicións - SU­SO VA­RE­LA

Des­de ma­ñá e ata o do­min­go vai­se ce­le­brar a sé­ti­ma edi­ción do San Froi­lán Te­ce­dei­ro, un­ha ac­ti­vi­da­de aber­ta de ces­te­ría a car­go da aso­cia­ción Co­ra­zóns Ar­te­sáns, un gru­po de 26 mu­lle­res e un ho­me que des­de o ano 2010 bus­ca a ma­nei­ra de pro­mo­cio­nar e de que non se es­que­zan os ofi­cios tra­di­cio­nais, es­pe­cial­men­te nas fes­tas, o da ces­te­ría.

O seu centro de ope­ra­cións nes­tas pa­tro­nais se­rá no Par­que Rosalía de Castro, a ca­rón do es­tan­que dos patos. De 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 ho­ras le­va­rán a ca­bo va­rios obra­doi­ros aber­tos a to­dos os pú­bli­cos, in­cluí­dos os ne­nos, des­de os 3 anos, para que apren­dan a te­cer. As cla­ses prác­ti­cas e as ex­pli­ca­cións das mo­ni­to­ras se­rán to­tal­men­te gra­tuí­tas e aber­tas, e ta­mén po­de­rán par­ti­ci­par da crea­ción co­lec­ti­va que le­van a ca­bo des­de hai se­te anos: un­ha gran cons­tru­ción fei­ta en vim­bio. «Nos le­va­mos o ma­te­rial e a ma­que­ta do que que­re­mos fa­cer, que es­te ano se­rá un anxo, e lo­go coa par­ti­ci­pa­ción de to­dos os que se ache­guen ira­se fa­cen­do a pe­za», ex­pli­ca Chi­cha, un­ha das in­te­gran­tes da aso­cia­ción.

A pe­za fi­nal te­rá re­co­rri­do no fu­tu­ro. Por exem­plo, Chi­cha si­na­la un­ha das an­te­rio­res foi re­co­lli­da nun fo­ro de ar­te de Bos­ton, ou con va­rias pe­zas do San Froi­lán Te­ce­dei­ro fí­xo­se un­ha ex­po­si­ción no MIHL ou, de­bi­do áss gran­des di­men­sións, na ca­bal­ga­ta de Reis Ma­gos amó­sa­na ao pú­bli­co, co­mo su­ce­deu nas dúas úl­ti­mas edi­cións, cun­ha gran ár­bo­re, no 2017, e un con­xun­to de co­go­me­los, no 2016.

Chi­cha si­na­la que ca­da ano está a ter máis acep­ta­ción e te­ñen máis gru­pos de per­soas in­tere­sa­das en par­ti­ci­par. Con­fía que o tem­po axu­de para que non tras­to­que a exe­cu­ción do gran anxo pre­vis­to para es­tas fes­tas. En to­do ca­so, se cho­ve­se, o Con­ce­llo pre­pa­rou o pa­tio do Ve­llo Cár­ce­re. Nou­tras oca­sións es­ti­ve­ron no Can­ti­ño Ne­me­sio Co­bre­ros ou no Mer­ca­do de Qui­ro­ga Ballesteros. «Ago­ra sen­tí­mo­nos moi có­mo­das e a gus­to no Par­que Rosalía, un lu­gar tan fer­mo­so e no co­ra­zón do San Froi­lán», re­la­ta Chi­cha. «Es­ta­mos a ter moi­to éxi­to coas fa­mi­lias, que par­ti­ci­pan, e non sei, é un­ha ac­ti­vi­da­de moi aber­ta, moi eu­ro­pea e par­ti­ci­pa­ti­va», ex­pli­ca Chi­cha con pai­xón: «Pre­pa­rar to­do su­pón moi­to es­for­zo, pe­ro is­to fa­cé­mo­lo por­que so­mos un gru­po de mu­lle­res que ama­mos a Lu­go e ao San Froi­lán». A maio­ría das in­te­gran­tes de Co­ra­zóns Ar­te­sáns son do­cen­tes e con for­ma­ción ar­te­sa­nal «e vi­vi­mos o no­so tra­ba­llo con co­ra­zón e por iso o San Froi­lán para nós é al­go máis que un­ha fes­ta, xa que ade­mais de en­si­nar per­mí­te­nos es­tar en con­tac­to con ou­tras aso­cia­cións e apren­der».

Ofre­cen obra­doi­ros aber­tos a to­do o pú­bli­co, in­cluí­dos ne­nos de 3 anos

«Pre­pa­rar to­do le­va moi­to es­for­zo, pe­ro ama­mos a Lu­go»

FO­TO ÓSCAR CE­LA

Co­ra­zóns Ar­te­sáns ofre­ce obra­doi­ros para to­das as ida­des.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.