A co­mi­sión de 1958 ti­ña máis de 20 mem­bros

O alcalde, Ma­nuel Váz­quez, cre­gos e o no­ta­rio eran al­gúns dos ra­mis­tas

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial2 - - San Xoán - XAIME LÓ­PEZ ARIAS

A co­mi­sión ofi­cial do ano 1958 es­ta­ba pre­si­di­da po­lo alcalde Ma­nuel Ló­pez Ro­drí­guez (Ló­pez Viz­caíno), To­más Cas­te­llano (se­cre­ta­rio) e Ra­món Cas­tro Do­rre­go (te­sou­rei­ro) e vin­te vo­cais en­tre os que se ato­pa­ban va­rios cre­gos, os pre­si­den­tes da Unión e do Ca­sino, o no­ta­rio, mé­di­cos, o xe­fe de co­rreos e di­rec­to­res de ban­cos.

As agru­pa­cións mu­si­cais con­tra­ta­das pa­ra ac­tuar fo­ron a Ba­da Mu­ni­ci­pal de Sarria, a Ban­da La Li­ra de Ri­ba­da­via, a Or­ques­ta Bri­gan­ti­na de Be­tan­zos, e o sex­te­to re­xio­nal Os Mon­tes. A pi­ro­tec­nia co­rreu a car­go de Ál­va­rez Ca­bo de Chantada e o alu­mea­do ar­tís­ti­co foi obra de Pi­ñei­ro de Mon­for­te. Edi­tou­se un li­bro pro­gra­ma en Grá­fi­cas Ye­bra con co­la­bo­ra­cións de Ave­lino Pou­sa An­te­lo, An­tón Na­ve­ya, Uxío Ca­rré, De­me­trio Díaz Va­re­la, Clau­dio Va­re­la, An­to­nio Díaz Fuen­tes e Avi­lés de Ta­ra­man­cos. Uns mag­ní­fi­cos de­bu­xos de Avary que­da­ron den­de en­tón uni­dos a in­ter­pre­ta­ción grá­fi­cas das fes­tas.

Os fes­te­xos co­me­za­ron o do­min­go 22 cun con­cur­so de ti­ro ao pra­to con 5.000 pe­se­tas en pre­mios e tro­feos. O 23 as 7 do se­rán hou­bo dis­pa­ro de bom­bas, re­pe­ni­que de cam­pás e pa­sa­rrúas das agru­pa­cións mu­si­cais anun­cian­do a fes­ta. As 8 ce­le­brou­se o de­rra­dei­ro día da no­ve­na na igre­xa de San­ta Ma­ri­ña. As 23 ho­ras ce­le­brou­se a pri­mei­ra ver­be­na nas pra­zas de Xoan Ma­ría Ló­pez e do Con­ce­llo e na rúa Ma­tías Ló­pez. A me­dia noi­te acen­de­ron as fo­guei­ras de San Xoán nos mon­tes de­rre­dor da vi­la. O Ca­sino ofre­ceu un bai­le de noi­te e La Unión un té-bai­le. O 24 hou­bo mi­sa so­lem­ne na que di­ser­tou o ora­dor sa­gra­do don Ce­les­tino Saa­ve­dra As­ca­riz, coen­go lu­cen­se e hou­bo pro­ce­sión. Po­la tar­de ce­le­brou­se un tor­neo de fút­bol nas Ín­suas e a noi­te ce­le­brou­se a fes­ta ver­be­na que re­ma­tou cun­ha se­sión de fo­gos ar­ti­fi­ciais. Nos cen­tros be­né­fi­cos (Au­xi­lio So­cial e Asi­lo) hou­bo un xan­tar ex­traor­di­na­rio ame­ni­za­do po­las agru­pa­cións mu­si­cais. No Ca­sino hou­bo té-bai­le po­la ma­ñá e bai­le de ga­la po­la noi­te.

O 25 ini­ciou­se cun pa­seo de mo­da na rúa Ma­tías Ló­pez, se­gui­do dun des­fi­le das agru­pa­cións mu­si­cais ca­ra o cam­po das Ín­suas on­de se ce­le­brou a Ro­ma­ría Ga­le­ga. A tar­de hou­bo pro­ba mo­to­ris­ta con 8 tro­feos e un pre­mio de 500 pe­se­tas. A noi­te ce­le­brou­se a de­rra­dei­ra ver­be­na e as fes­tas re­ma­ta­ron cun­ha se­sión de fo­so ar­ti­fi­ciais. En La Unión ce­le­brou­se a tra­di­cio­nal cea e ver­be­na de ga­la na que era ha­bi­tual a pre­sen­za das au­to­ri­da­des pro­vin­ciais con­vi­da­das po­lo Con­ce­llo.

As fes­tas eran sin­xe­las fai 60 anos, e os ve­ci­ños, es­ti­mu­la­dos po­la pre­sen­za na co­mi­sión de au­to­ri­da­des, non ti­ñas ou­tra saí­da que ra­ñar con xe­ne­ro­si­da­de os pe­tos, pois ata se da­ba pu­bli­ci­da­de ás doa­zóns e era ver­go­ña que­dar por ca­ti­vo a ho­ra de cei­bar a peseta. De to­dos os ac­tos des­ta­ca­ba a Ro­ma­ría Ga­le­ga nas Ín­suas, na vi­zo­sa car­ba­llei­ra que pui­do ser, e non foi, o ver­da­dei­ro par­que de Sarria.

Con oca­sión das fes­tas em­pe­za­ron a ins­ta­lar­se en Ma­tías Ló­pez, Mar­que­sa Ca­sa Ló­pez e Cal­vo So­te­lo as tóm­bo­las que ti­ñan tan­to su­ce­so que aín­da se­guíoan ata os pri­mei­ros días de xu­llo ofre­cen­do dia­ria­men­te pre­mios de ma­te­rial plás­ti­co, e sor­tean­do un cai­xón sor­pre­sa, em­bo­ban­do aos clien­tes co pa­ro­lar dos al­to­fa­lan­tes.

Des­pois a xen­te xa em­pe­za­da a pre­pa­rar­se pa­ra as tra­di­cio­nais me­ren­das en San­tia­go da Vei­ga e pou­co des­pois a xe­ne­ra­li­za­ción dos co­ches e a com­pe­ten­cia das praias re­ma­ta­ría ta­mén con esa ro­ma­ría tí­pi­ca que en Sarria e nas Ín­suas non achou subs­ti­tu­ción. A ti­pi­ci­da­de mo­rreu.

As tóm­bo­las xa eran moi vi­si­ta­das por pe­que­nos e maio­res nas fes­tas de fai 60 anos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.