A Re­si­den­cia cum­pre 110 años

A doa­zón do cen­tro ao Con­ce­llo fí­xoa do­na An­drea An­drés no 1908

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial2 - - San Xoán - XAIME LÓ­PEZ ARIAS

O 22 de xu­ño de 1908 dian­te do no­ta­rio don Jo­sé Bar­ja, do­na An­drea An­drés Sán­chez, Mar­que­sa de Ca­sa Ló­pez, con­ce­deu es­cri­tu­ra a fa­vor do Con­ce­llo de Sarria, re­pre­sen­ta­do po­lo seu alcalde, don Ama­deo Ma­cía Váz­quez, po­la que foi en­tre­ga­do o Hos­pi­tal No­sa Se­ño­ra do Car­me, que tan des­ta­ca­da da­ma re­ga­lou, con to­da a súa do­ta­ción e me­dios de sus­ten­ta­ción eco­nó­mi­ca, a fa­vor do e en be­ne­fi­cio do po­bo de Sarria.

O 19 de agos­to o Con­ce­llo acor­dou ra­ti­fi­car a acep­ta­ción fei­ta po­lo alcalde, así co­mo o ofre­ce­men­to de ser­vi­zos gra­tuí­tos fei­ta po­lo mé­di­co don An­to­nio Qui­ro­ga Ma­cía, no­mea­do mé­di­co di­rec­tor po­la doan­te, ao tem­po que foi no­mea­do con­ser­xe Bau­tis­ta Gon­zá­lez, cun sol­do de 1,50 pe­se­tas dia­rias por con­ta da ins­cri­ción da dé­be­da pú­bli­ca, ta­mén doa­da po­la se­ño­ra mar­que­sa. Aproveitando que era pre­si­den­te da Depu­tación o sa­rriao don Ma­nuel Pé­rez Ba­ta­llón acor­da­ron pe­dir­lle un­ha sub­ven­ción a ins­ti­tu­ción pro­vin­cial.

Esta xe­ne­ro­sa doa­zón, da que ma­ñá se van a cum­prir 110 años, mo­ti­vou que o re­tra­to de do­na An­drea pa­se a ocu­par un posto de hon­ra na Ga­le­ría de Sa- rriaos Ilus­tres.

Do­na An­drea era natural de Ma­drid e foi es­po­sa do fi­lán­tro­po sa­rriao Ma­tías Ló­pez Ló­pez. O exem­plo do seu es­po­so fi­xo que, es­tan­do xa viú­va, seguira amo­san­do un­ha es­pe­cial pre­di­lec­ción po­la vi­la de Sarria. Fiel cum­pri­do­ra do man­da­to con­ti­do no co­di­ci­lio de don Ma­tías Ló­pez, no que es­ta­ble­ce­ra un le­ga­do pa­ra a cons­tru­ción das es­co­las pú­bli­cas da vi­la, to­mou ri­ba de­la, coa axu­da das súas fi­llas e xen­ros, as xes­tións ne­ce­sa­rias pa­ra fa­cer reali­da­de esa mos­tra de xe­ne­ro­si­da­de, en­ga­din­do di­ver­sas me­llo­ras po­la súa con­ta. O 2 de se­tem­bro de 1896 es­ti­vo pre­sen­te no ac­to de inau­gu­ra­ción das es­co­las, ago­ra des­ti­na­das a Ca­sa da Cultura.

O 11 de maio de 1905 com­prou­lle a Xo­sé Mon­tea­gu­do, na pa­rro­quia de Re­quei­xo a Cor­ti­ña do Ma­za­doi­ro, en Cam­po do Ou­tei­ro, de 44 áreas, ra­ti­fi­can­do o pre­con­tra­to do 28 de xa­nei­ro de 1906, pa­ra de­di­car a fin­ca a do­ta­ción dun hos­pi­tal en Sarria. En­car­gou­lle o pro­xec­to a Va­len­tín Ro­ca Car­bo­nell, da Academia de Be­llas Ar­tes de San Fer­nan­do.

A obra do hos­pi­tal cos­tou 5.400 pe­se­tas e ocu­pa­ba 411 me­tros ca­dra­dos. Cons­ta­ba de ca­pe­la, sa­la pa­ra ho­mes, sa­la pa­ra mu­lle­res, re­si­den­cia pa­ra o con­ser­xe, dúas sa­las de en­tra­da, bo­ti­quín e un so­to pa­ra ai­rea­ción. Un­ha ver re­ma­ta­das as obras, en­tre­gou­lle o edi­fi­cio ao Con- ce­llo pa­ra de­di­ca­lo a fin hu­ma­ni­ta­rio, en be­ne­fi­cio dos ve­ci­ños do seu dis­tri­to e pa­ra que o con­ser­va­se sem­pre. Pu­xo co­mo con­di­ción que se nal­gún tem­po o mu­ni­ci­pio non aten­de­se o coida­do e con­ser­va­ción do edi­fi­cio to­do o doa­do vol­ve­se a ela ou aos seus her­dei­ros. Do­tou a ins­ti­tu­ción con tí­tu­los da dé­be­da pú­bli­ca e cun fer­mo­so ca­dro ale­gó­ri­co da ca­ri­da­de. Do­na An­drea re­ci­biu o tí­tu­lo de Mar­que­sa de Ca­sa Ló­pez que lle foi con­ce­di­do po­lo Pa­pa León XIII o 8 de maio de 1896.

En agra­de­ce­men­to a súa boa dis­po­si­ción pa­ra con Sarria foi no­mea­da Fi­lla Adop­ti­va e Pre­di­lec­ta e déu­se­lle o seu no­me a rúa que vai des­de Mar­qués de Uge­na ata a Rúa Cal­vo So­te­lo. Fa­le­ceu en Ma­drid o 10 de xu­llo de 1909 e foi seu ne­to, don Ma­tías Oña­te Ló­pez, que man­ti­vo vi­va a pre­sen­za da fa­mi­lia na vi­la, on­de mo­ra­ba na Vi­lla An­drea, a quen don Ma­tías Ló­pez lle pu­xe­ra no­me en ho­nor a súa do­na.

O Hos­pi­tal da No­sa Se­ño­ra do Car­me, no Ma­za­doi­ro, foi am­plia­do anos des­pois pa­ra ser asi­lo de an­ciáns aten­di­do po­las Her­ma­ni­tas de los An­cia­nos Des­am­pa­ra­dos, e alí foro tra­ta­dos po­los mé­di­cos da vi­la doen­tes e ac­ci­den­ta­dos ata anos des­pois da Gue­rra Ci­vil.

Can­do as mon­xas aban­do­na­ron Sarria, esas edi­fi­ca­cións fo­ron de­rru­ba­das, co con­sen­ti­men­to dos seus her­dei­ros pa­ra cons­truír a re­si­den­cia de an­ciáns No­sa Se­ño­ra do Car­me, re­xi­da por un pa­droa­do.

FOTO PENOUCOS

A Re­si­den­cia No­sa Se­ño­ra do Car­me cum­pri­rá ma­ñá 110 anos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.