O se­grel Joham de La­gos­te­lle

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial2 - - Fiestas De Guitiriz - XO­SÉ AN­TÓN CASCUDO

A co­me­zos do ve­rán de 1264 o se­grel Joham de La­gos­te­lle cru­za­ba a Co­va da Ser­pe. Des­de aque­les cu­mios al­bis­cou va­rias al­deas que me­dra­ban arre­dor dun­ha fron­do­sa ve­xe­ta­ción, froi­to dos nu­me­ro­sos ríos e ma­nan­ciais que in­za­ban a zo­na. Joham pen­sou na­quel co­mo o lu­gar idó­neo pa­ra ali­viar as cha­gas dos pés e le­var lgo á bo­ca, sem­pre que al­guén lle tro­ca­ra un anaco de pan, aín­da que fo- se un­ha co­dia du­ra, por al­gun­ha das súas com­po­si­cións mu­si­cais. O se­grel, pro­ce­den­te do sur, le­va­ba máis dun ano va­gan­do, des­de que aban­do­na­ra a cor­te iti­ne­ran­te do rei Al­fon­so (mo­nar­ca que pa­sa­ría á pos­te­ri­da­de co al­cu­me de o sa­bio).

O xes­to de fon­da tris­te­za que ex­hi­bía La­gos­te­lle ao en­trar en Gui­ti­riz de­ri­va­ba da suma das cou­sas vis­tas, oí­das e pa­de­ci­das, que se sin­te­ti­za­ban nos sucesos acae­ci­dos du­ran­te o ase­dio á tai­fa is­lá­mi­ca de Nie­bla, on­de por vez pri­mei­ra en Eu­ro­pa foi usa­da a pól­vo­ra nun­ha cam­pa­ña bé­li­ca. En Nie­bla o exér­ci­to de Al­fon­so pro­bou nas súas pro­pias car­nes aquel lu­me que ca­se sen avi­so pre­vio abra­sa­ba e cer­na­ba os cor­pos dos sol­da­dos, os ca­les pro­fe­rían be­rros dun­ha cruel­da­de inau­di­ta. No me­dio do caos, dun ho­rror xe­ra­li­za­do, un fei­to mar­ca­ría a fe­rro a exis­ten­cia de La­gos­te­lle: an­te o pe­ri­go de per­der a vi­da a mer­ce­de dun ad­ver­sa­rio foi el o que gol­peou pri­mei­ro cun croio o crá­neo do opo­ñen­te. Pou­co des­pois, coas mans en­san­guen­ta­das e aín­da con­mo­cio­na­do po­lo que aca­ba­ba de acon­te­cer, foi cap­tu­ra­do.

Sal­va­do po­lo laú­de

Joham sal­vou­se gra­zas ao seu laú­de, e ao res­pec­to que o inimi­go pro­fe­sa­ba po­la cas­te dos ar­tis­tas da que el for­ma­ba par­te. Can­do lle so­li­ci­ta­ron que ac­tua­se an­te eles, Joham ac­ce­deu a to­car, pe­ro foi in­ca­paz de can­tar; de sú­pe­to des­cu­briu que aquel su­ce­so trau­má­ti­co lle arre­ba­ta­ra a voz.

En can­to ti­vo oca­sión afas­tou­se da­quel fu­me que mis­tu­ra­ba un chei­ro a ni­tra­tos des­co­ñe­ci­dos co fe­dor da pel hu­ma­na cha­mus­ca­da. Joham sen­tiu ver­ti­xe: dei­xar atrás o pa­sa­do e arre­dar­se do pre­sen­te non o ab­sol­ve­ría de fu­xir de si mes­mo o res­to dos seus días.

E así, ao ca­bo dos me­ses, con­ti­nua­ba erran­te coas fe­ri­das aín­da aber­tas, can­do des­de un­ha co­rre­doi­ra que o con­du­cía ca­ra un­ha da­que­las al­deas de Gui­ti­riz es­coi­tou a voz dun­ha mo­za que en­toa­ba un­ha can­ti­ga de ami­go men­tres la­va­ba a súa lon­ga ca­be­lei­ra no río.

Joham sen­tou á som­bra dun ame­nei­ro e con­cen­trou­se tra­tan­do de me­mo­ri­zar o tex­to que re­ci­ta­ba aque­la voz ce­les­tial. Non se tra­ta­ba do poe­ma máis per­fec­to en can­to a for­ma e mé­tri­ca, pe­ro ha­bía al­go nel que o con­mo­vía pro­fun­da­men­te, al­go ao que non era ca­paz de ac­ce­der a tra­vés do en­ten­de­men­to.

Voz re­cu­pe­ra­da

Ao re­ma­tar os ver­sos, coin­ci­din­do co re­tro­uso fi­nal, o se­grel sor­pren­deu­se a si mes­mo su­su­rran­do a me­lo­día; pe­chou os ollos e es­coi­tou­se; pa­ra­ron de piar os pa­xa­ros, de aba­near as fo­llas, ce­sou o ven­to. La­gos­te­lle re­co­bra­ra a voz. Tras uns in­tres de cons­ter­na­ción, er­gueu­se, cru­zou correndo aque­la vei­ga atei­ga­da de ár­ni­ca e che­gou ao pé do río. Pe­ro alí xa non que­da­ba ras­tro da mo­za nin do seu can­to, nin tan se­que­ra do exi­lio in­te­rior de Joham.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.