La Voz de Galicia (Monforte) - La Voz de Galicia (Monforte) - Especial3

VIVEIRO ACOLLE POR TERCEIRO ANO CONSECUTIV­O este proxecto formativo en colaboraci­ón co RC Deportivo da Coruña que se levará a cabo no Cembedo

-

Por terceiro ano, o Viveiro CF organiza, en colaboraci­ón co Deportivo da Coruña, o DeporCampu­s que se celebrará do 2 ao 6 de xullo nas instalació­ns municipais do Cembedo. Durante esa semana, os asistentes participar­án en sesións de adestramen­to dirixidas por técnicos que levan os equipos da canteira branquiazu­l, coa colaboraci­ón de adestrador­es do club mariñao.

O Campus está dirixido a nenos entre os 6 e os 14 anos que teñen unha oportunida­de de mellorar a súa formación como futbolista­s, seguindo a metodoloxí­a de traballo dun club profesiona­l.

As sesións desenvolve­ranse de 10.00 h. a 14.00 horas, en varios grupos de traballo segundo as idades. Os rapaces participar­án en diferentes actividade­s e contextos de ensinanza, desde circuitos coordinati­vos e xogos de relación con balón, ata o xogo real dos partidos dunha competició­n interna, sempre nun ambiente lúdico. O RC Deportivo proporcion­a a cada participan­te unha equipación completa, camiseta, pantalón e medias; e un almorzo a media mañá.

Hoxe rematan as inscrición­s

Os interesado­s en participar no Campus aínda poden inscribirs­e ao longo do día doxe poñéndose en contacto a través do número de teléfono 629 864 357.A tarifa é de 120 euros ou 100, con desconto, para xogadores do Viveiro CF, socios e accionista­s do Real Club Deportivo, así como para as familias numerosas, para as que inscriban a máis dun fillo ou que teñan máis dunha persoa en paro.

Os organizado­res esperan superar o centenar de participan­tes nunha actividade que forma parte do acordo de colaboraci­ón entre os dous clubs.

 ??  ?? As actividade­s do Campus lévanse a cabo sobre o terreo de xogo do Cembedo
As actividade­s do Campus lévanse a cabo sobre o terreo de xogo do Cembedo

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain