La Voz de Galicia (Monforte) - La Voz de Galicia (Monforte) - Especial3

FÚTBOL SALA

-

Hoxe e mañá. A Mariña

MEMORIAL HÉROES DO ORZÁN

Durante a fin de semana dispútanse as dúas últimas xornadas do torneo de fútbol sala Héroes do Orzán, que comezou o mércores coa participac­ión de setenta equipos de clubs Galicia, Asturias, Madrid e Castela e León.

Ao longo do día, os pavillóns de Vista Alegre e Monte Castelo de Burela, os pavillóns municipais de Viveiro e Xove;, o da Veiga, en San Cibrao e o Martínez Otero de Foz acollen as eliminator­ias -cuartos e semifinais- das distintas categorías en competició­n prebenxamí­n, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, en horario de mañá e tarde. Os primeiros partidos comezarán a xogarse a partir das 10:00 horas.

As finais disputaran­se mañá no pavillón de Vista Alegre. Os prebenxamí­ns inagurarán a xornada ás 09:00 horas, e pecharana os xuvenís que disputarán a final ás 14:00 horas.. A entrega de trofeos está prevista para as 15:00 horas no mesmo recinto.

O Memorial, que este ano chega á súa sexta edición, rende homenaxe a José Antonio Villamor Vázquez, Rodrigo Maseda Lozano e Javier López López, os tres policías falecidos na praia do Orzán en 2012 cando tentaban rescatar a un rapaz que tamén morreu no suceso. A súa actuación en acto de servizo recoñeceus­e co título símbólico de “Héroes de Orzán”, que deu nome ao torneo organizado pola Fundación Imdecum.

 ??  ??
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain