Jo­sé Ame­nei­ros

JO­SÉ AME­NEI­ROS COO­PE­RA­TI­VA VI­LA­BOA

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - PORTADA - PA­TRI­CIA BLAN­CO

A coo­pe­ra­ti­va, con 3.500 so­cios, de­di­ca es­for­zos a me­llo­rar es­te de­par­ta­men­to

En 1945 na­cía en San Vi­cen­te de Vi­la­boa (Val­do­vi­ño) a Coo­pe­ra­ti­va de Pro­du­to­res de Cam­po de Vi­la­boa, en­ti­da­de que non foi allea á trans­for­ma­ción de usos, cos­tu­mes e me­dios en Fe­rrol­te­rra. Froi­to de­sa adap­ta­ción, hai anos mu­dou­se a de­no­mi­na­ción a Coo­pe­ra­ti­va de Vi­la­boa de Con­su­mi­do­res e Usua­rios, So­cie­da­de Coo­pe­ra­ti­va Ga­le­ga, ho­xe cuns 3.500 so­cios: «Vai flu­tuan­do». Da ac­tua­li­da­de fa­la Jo­sé Ame­nei­ros García (Vi­la­boa, 1964), xe­ren­te.

—Moi­tos cam­bios en tan­tos anos.

—Si, na­ceu­se co­mo coo­pe­ra­ti­va de pro­du­to­res. No 2005 adap­ta­mos os es­ta­tu­tos por­que os so­cios per­de­ran maio­ri­ta­ria­men­te a con­di­ción de agri­cul­to­res e de gan­dei­ros.

—Cal é ho­xe en día o ob­xec­to cen­tral da coo­pe­ra­ti­va, en­tón?

—A sec­ción es­tre­la, ho­xe, é a de cré­di­to. O máis pa­re­ci­do a is­to se­ría un­ha cai­xa ru­ral. Ofre­ce­mos, me­dian­te con­ve­nios con ban­cos, to­do o que poi­das ato­par en ban­ca. É di­cir, po­des ter aquí un­ha con­ta de afo­rro, un­ha co­rren­te, un prés­ta­mo hi­po­te­ca­rio... Me­nos pro­du­tos máis com­pli­ca­dos, co­mo un renting ou un fac­to­ring, te­mos de to­do. To­do clien­te da sec­ción de cré­di­to, iso si, ten que ter que ter a con­di­ción de so­cio.

—Den­de can­do hai es­ta sec­ción?

—Den­de o 64 ou 65, pen­so. A ver­da­de é que non sei por que en Ga­li­cia non se es­ten­deu máis, por­que nou­tras co­mu­ni­da­des si é moi co­mún. Ca­se que en ca­da pe­que­na po­boa­ción hai un­ha coo- pe­ra­ti­va con sec­ción de cré­di­to. Can­do in­for­ma­ti­za­mos a no­sa fo­mos a Ca­ta­lu­ña e vi­si­ta­mos alí va­rias: eran pe­que­nos ban­cos xa da­que­la. Nós le­va­ba­mos to­do en li­bros, e eles xa adian­ta­dos [ri].

—A coo­pe­ra­ti­va de Vi­la­boa co­me­zou con ám­bi­to pa­rro­quial e lo­go co­mar­cal. Man­ten­se así?

—Es­ta­tu­ta­ria­men­te, o no­so ám­bi­to de ac­tua­ción ho­xe é a co­mu­ni­da­de au­tó­no­ma, pe­ro te­mos al­gún so­cio in­clu­so no es­tran­xei­ro, por mo­ti­vos de tra­ba­llo. Ta­mén por Es­pa­ña. Non é al­go xe­ra­li­za­do, pe­ro al­gún que ou­tro por aí si.

—Em­pre­gan to­dos os seus so­cios a sec­ción de cré­di­to?

—Ca­se maio­ri­ta­ria­men­te si, en­tre ou­tras cou­sas por­que as co­tas de so­cio co­brá­mo­las a tra­vés da sec­ción de cré­di­to, po­lo que ca­se é in­elu­di­ble ter con­ta aber­ta.

—Que van­ta­xes ten pa­ra os so­cios es­ta li­ña da coo­pe­ra­ti­va? Fá­la­se da con­fian­za. Al­go máis?

—En can­to a de­po­si­tan­tes, non lles co­bra­mos por na­da. Fir­ma­mos con­ve­nios con en­ti­da­des ban­ca­rias pa­ra ter o ser­vi­zo de ban­ca tra­di­cio­nal: o ano pa­sa­do mi­gra­mos to­da a ope­ra­ti­va a Ban­co Sa­ba­dell e, de mo­men­to, en­can­ta­dos. Lo­gra­mos que as tar­xe­tas non le­ven co­mi­sións, que as trans­fe­ren­cias que fan os so­cios non te­ñan cus­te, que os in­gre­sos de cheque tam­pou­co... A ope­ra­ti­va sáe­lle gra­tis: o úni­co que pa­ga o so­cio que te­ña aquí un­ha con­ta de afo­rro ou un­ha con­ta co­rren­te é a co­ta so­cial a fin de ano, que son 4 euros, al­go sim­bó­li­co. En can­to a prés­ta­mos, non esi­xi­mos a vin­cu­la­ción que esi­xen ou­tras en­ti­da­des ban­ca­rias. Afor­tu­na­da­men­te, te­mos so­li­ci­tu­des da­bon­do e a ve­ces fa­ce­mos com­pa­ra­ti­vas: pen­so que sem­pre se sae ga­ñan­do se se pi­de o di­ñei­ro na coo­pe­ra­ti­va. Po­de ha­ber ca­sos pun­tuais con con­di­cións moi boas, pe­ro a maio­ría...

—Sen­do ho­xe coo­pe­ra­ti­va de con­su­mi­do­res e usua­rios, hai al­gún sec­tor que pre­va­le­za?

—Apos­ta­mos for­te hai tres ou ca­tro anos po­lo fo­res­tal. Es­ta é un­ha zo­na emi­nen­te­men­te fo­res­tal: se saes aquí a fó­ra, ves pi­nos e eu­ca­lip­tos. Apos­ta­mos po­la plan­ta de re­po­boa­ción e mais ta­mén po­la ven­ta de abo­nos. Ti­ve­mos un éxi­to bas­tan­te con­si­de­ra­ble.

—Que reto te­ñen mar­ca­do?

—Te­mos que es­pre­mer un pou­co o ce­re­bro pa­ra bus­car no­vas saí­das e no­vas ideas. Xa di­go, mi­ra o ca­so da coo­pe­ra­ti­va: na­ceu co­mo agrí­co­la-gan­dei­ra e ho­xe iso é prac­ti­ca­men­te al­go re­si­dual. In­ten­ta­mos me­llo­rar a sec­ción de cré­di­to, por­que ade­mais de ser a es­tre­la é a que nos per­mi­te le­var anos pe­chan­do exer­ci­cios con be­ne­fi­cios. To­do sae de aí. O res­to vai dan­do in­gre­sos pa­ra gas­tos.

—Can­tos postos de tra­ba­llo?

—Ao mar­xe de em­pre­gos in­di­rec­tos (plan­ta­do­res, ca­mio­nei­ros...), es­tou eu co­mo xe­ren­te e, na sec­ción de cré­di­to, un­ha li­cen­cia­da en Eco­nó­mi­cas e tres ad­mi­nis­tra­ti­vos. Te­mos ade­mais un pe­queno su­per­mer­ca­do, que aquí na zo­na ru­ral é o úni­co que que­da, con dúas per­soas tra­ba­llan­do. Ta­mén, zo­na de al­ma­cén e agro­ten­da, ade­mais dun pe­queno sur­ti­dor de ga­só­leo agrí­co­la, con un­ha ou dúas per­soas tra­ba­llan­do se­gun­do a épo­ca que se­xa.

—A fór­mu­la da coo­pe­ra­ti­va per­mi­te fa­cer un­ha for­za co­mún.

—Non ca­be dú­bi­da. Can­do hai al­gun­ha loi­ta, sem­pre se fai máis for­za can­do apoia a coo­pe­ra­ti­va e non can­do vai un só ou mes­mo uns can­tos re­cla­man­do al­go.

—Que pre­ci­san pa­ra se­guir me­llo­ran­do? Axu­das?

—Axu­das hai anos que non te­mos. Le­va­mos tres e me­dio cun­ha ga­so­li­nei­ra fei­ta e por pro­ble­mas ad­mi­nis­tra­ti­vos non a da­mos aber­to. Ima­xi­na. Esi­xía­se­nos cambio de es­ta­tu­tos, ago­ra le­va­mos ca­tro me­ses es­pe­ran­do por un­ha obra de Fe­no­sa... Lo­go, po­la no­sa ubi­ca­ción, ou­tro pro­ble­ma son as li­ñas te­le­fó­ni­cas, so­lu­cio­na­do en par­te po­lo 3G e o 4G. Pa­ra os so­cios te­mos un­ha apli­ca­ción web, co­mo un­ha ban­ca elec­tró­ni­ca, pe­ro can­do se co­nec­tan dez xun­tos cae o ser­vi­zo. Pa­ra che­gar a 2 me­gas xa... As te­le­co­mu­ni­ca­cións es­tán fei­tas pa­ra a ci­da­de.

«Apos­ta­mos for­te hai uns tres ou ca­tro anos po­lo te­ma fo­res­tal, e ti­ve­mos éxi­to»

—E aí es­tán pois...

—Dei­xa­dos da man de Deus.

C. TOIMIL

Ame­nei­ros é o xe­ren­te da Coo­pe­ra­ti­va de Vi­la­boa de Con­su­mi­do­res e Usua­rios den­de hai uns dez anos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.