«O poe­mu­seo ho­me­na­xea á xen­te la­bre­ga, que fi­xo que es­tea­mos aquí»

O fi­ló­so­fo e et­nó­gra­fo ten nun­ha al­dea de Pa­ra­da do Sil un poe­mu­seo no que ca­da ob­xec­to ten o seu pro­pio ver­so

La Voz de Galicia (Monforte) - Monforte local - - TERRAS DE LEMOS - MA­RÍA CO­BAS O BAR­CO / LA VOZ

Des­de hai uns anos, Pa­ra­da de Sil apos­tou por fes­te­xar o seu pro­pio Día das Le­tras. Eli­xi­ron o 17 de Maio co­mo o día pa­ra ho­me­na­xear a al­guén vin­cu­la­do coa lo­ca­li­da­de, que po­de ser un ve­ci­ño na­ci­do no po­bo ou al­guén que, che­ga­do dou­tro si­tio, te­ña dei­xa­do pe­ga­da nes­te re­cun­cho da Ri­bei­ra Sa­cra. E ata Pa­ra­da de Sil che­gou hai xa 40 anos Emi­lio Araúxo (Co­les, 1946), que es­co­lleu Sa­car­de­bois pa­ra mer­car un­ha ca­sa.

«O meu pai era de Ma­ce­da, un­ha fei­ra á que ía a pé moi­ta xen­te de Sa­car­de­bois; e bus­can­do un­ha ca­sa, por­que non ti­ña her­dan­za fa­mi­liar dun­ha vi­ven­da, ato­pei es­ta», con­ta o pro­ta­go­nis­ta des­te par­ti­cu­lar 17 de Maio. Na al­dea (en­fron­te mes­mo da fa­mo­sa Aman­di, ex­pli­ca pa­ra quen non a co­ñe­za) pa­sa os ve­ráns, e des­de hai tres ade­mais fai de an­fi­trión a to­do aquel que quei­ra ver o seu poe­mu­seo. E ex­pli­ca o que é. «Lon­xe da idea clá­si­ca do mu­seo co­mo acu­mu­la­ción de ob­xec­tos, co­mo co­lec­cio­nis­mo; nes­te ca­so é un mu­seo no que se lle dá ini­cia­ti­va aos ob­xec­tos, pre­ten­den­do que ca­da ob­xec­to fa­le a trans­mi­ta a her­dan­za dos an­te­pa­sa­dos, de xen­te dou­tros tem­pos», si­na­la. É por iso que xun­to con ca­da ele­men­to fí­si­co hai un poe­ma a el de­di­ca­do. «Di­cía un an­tro­pó­lo­go que un ob­xec­to da cul­tu­ra po­pu­lar é un­ha es­pe­cie de mi­cro­cos­mos que ex­pre­sa a vi­da ma­te­rial e es­pi­ri­tual da xen­te que o usou. Eu ten­to dar­lle a pa­la­bra e fa­ci­li­tar ese diá­lo­go poé­ti­co en­tre vi­si­tan­tes e ob­xec­tos», con­ta. Pa­ra iso re­co­rre a Fe­de­ri­co Gar­cía Lor­ca, que ilus­tra cun poe­ma un can­dil; ou ao fran­cés Ja­mes Sa­cree e o ru­so Gi­na­di Ai­gui pa­ra o ca­rro que hai na horta; ou a Fe­li­pe Beck pa­ra fa­lar do bu­rro, «que era a ca­mio­ne­ta da an­ti­güi­da­de, e gra­zas ao que te­mos o pro­gre­so de ho­xe en día», di Araúxo. É un­ha ho­me­na­xe á xen­te la­bre­ga, di, «que fi­xo po­si­ble que poi­da­mos es­tar aquí e ter a vi­da que te­mos».

O poe­mu­seo é só un­ha par­te do tra­ba­llo de Araúxo a prol da di­fu­sión da no­sa cul­tu­ra. Fi­llo de ten­dei­ros, na­ci­do nun­ha fa­mi­lia de co­mer­cian­tes e cre­gos, mar­chou es­tu­dar a Ma­drid e des­de alí deu o sal­to a Fran­cia ao com­pro­bar que aque­la uni­ver­si­da­de fran­quis­ta «ti­ña moi­ta po­li­cía e pou­ca uni­ver­si­da­de». E foi en Pa­rís on­de em­pe­zou a in­tere­sar­se por aque­la «fi­lo­so­fía do es­ta­ble­ci­do» que xur­diu coa re­vo­lu­ción do 68, «que eran es­tu­dan­tes que ían es­ta­ble­cer­se nas fá­bri­cas ou no mun­do la­bre­go e com­par­tían o tra­ba­llo, as pe­nu­rias e os es­for­zos de­sas xen­tes». Un­ha fi­lo­so­fía da que apren­deu da man de va­rios mes­tres, co­mo De­rri­ga ou Fra­nçois Reg­nault; e a tra­vés dos es­cri­tos do ru­so Mi­jail Bat­jin. Foi así co­mo de­ci­diu es­tar co mun­do la­bre­go, «non co­mo es­pec­ta­dor, se­nón com­par­tin­do o tra­ba­llo ma­te­rial». Foi un la­bor ao que de­di­cou 30 anos da súa vi­da, on­ce de­les de ma­nei­ra in­ten­sa.

A iso de­di­cou par­te da vi­da —a pro­fe­sio­nal de dia­rio foi co­mo pro­fe­sor de Fi­lo­so­fía na co­mar­ca do De­za— e ta­mén a es­tu­dar os en­troi­dos. Ten va­rios li­bros so­bre es­ta fes­ta tra­di­cio­nal en La­za, no Val de Ma­ce­da e en Chan­ta­da. Araúxo di que o en­troi­do é un­ha ale­gría utó­pi­ca do que de­be­ría ser un mun­do igua­li­ta­rio. «Fun­cio­na co­mo idea re­gu­la­do­ra da de­mo­cra­cia por vir; é un­ha uto­pía sim­bó­li­ca e ma­ra­bi­llo­sa que sin­te­ti­za os ideais de igual­da­de». Di que lle gus­tan moi­tos dos que hai, e nes­tes tem­pos an­da en­lea­do co de Co­ve­lo (en Quins, Me­lón) «que me sor­pren­deu po­la súa for­za dra­má­ti­ca, co­reo­grá­fi­ca e po­la súa ri­que­za plás­ti­ca», e do que es­tá es­cri­bin­do un li­bro. Pe­ro ta­mén ase­gu­ra ser un fer­vo­ro­so se­gui­dor dos en­troi­dos no­vos, «que xor­den co­mo sín­te­se dos en­troi­dos ve­llos e ideas no­vas de xen­te no­va». E ci­ta da­que­la o en­troi­do dos an­xeos xur­di­do en Pa­ra­da de Sil van 15 anos, «que é un­ha ma­ra­bi­llo­sa ale­go­ría na que se mes­tu­ran ele­men­tos sa­cros, por­que é Ri­bei­ra Sa­cra, e cul­tu­ra po­pu­lar; ou o en­troi­do de Lu­mea­res, crea­do por Cán­di­do Ca­nei­ro hai dous anos, cos Irrios e as Ma­da­mas e no que par­ti­ci­pan so­bre to­do es­tran­xei­ros». E fa­la dos tro­tei­ros de Ban­de ou o xur­di­do en Sa­rreaus.

O ac­to, o xo­ves

Ma­ñá (11.30 ho­ras, no con­ce­llo) se­rá ho­me­na­xea­do. Agra­de­ce o xes­to, máis que­re com­par­tir pro­ta­go­nis­mo con moi­tos la­bre­gos, aos que ten fo­to­gra­fa­do e que mos­tra nun­ha ex­po­si­ción.

MI­GUEL SOU­TO

Emi­lio Araúxo, cun dos seus úl­ti­mos li­bros e cun­ha más­ca­ra do fe­lo de Ma­ce­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.