Dan­za e mú­si­ca tra­di­cio­nal pa­ra a fes­ta na ci­da­de

Ac­tua­rán alum­nos dos co­le­xios e da Es­co­la de Mú­si­ca e di­fe­ren­tes co­rais e or­feóns

La Voz de Galicia (Monforte) - Monforte local - - LOCAL -

Ho­xe • To­do o día • Lu­go • A mú­si­ca e o bai­le en­che­rán de fes­ta e cul­tu­ra o Día das Le­tras Ga­le­gas en Lu­go. A ma­ñá es­ta­rá pro­ta­go­ni­za­da por ca­se 130 alum­nos de di­fe­ren­tes co­le­xios da ci­da­de (Ane­xa, Me­nén­dez Pe­la­yo, Illa Ver­de, Luís Pi­men­tel, Ro­sa­lía de Cas­tro, Sa­gra­do Co­ra­zón, Di­vi­na Pas­to­ra e Aso­cia­ción As­pnais), ade­mais do alum­na­do da Es­co­la Mu­ni­ci­pal de Mú­si­ca de Lu­go, que da­rán for­ma ao Fes­ti­val de Dan­za e Mú­si­ca Tra­di­cio­nal das Ne­nas e Ne­nos de Lu­go.

As ac­tua­cións te­rán lu­gar na Pra­za Maior co se­guin­te pro­gra­ma:

· 12.15h. Ban­da da Es­co­la Mu­ni­ci­pal de Mú­si­ca de Lu­go

· 12.45h. Bai­le tra­di­cio­nal ga­le­go e des­fi­le a car­go dos ne­nos dos co­le­xios par­ti­ci­pan­tes, acom­pa­ña­dos po­lo gru­po de pan­de­re­tei­ras da Es­co­la Mu­ni­ci­pal de Mú­si­ca de Lu­go

· 13.00h. Ex­hi­bi­ción de bai­le tra­di­cio­nal ga­le­go, a car­go dos ra­pa­ces dos co­le­xios par­ti­ci­pan­tes, acom­pa­ña­dos po­la ac­tua­ción do gru­po tra­di­cio­nal da Es­co­la Mu­ni­ci­pal de Mú­si­ca de Lu­go.

Co­rais e or­feóns

Po­la tar­de con­ti­nua­rán as re­pre­sen­ta­cións de mú­si­ca e bai­le tra­di­cio­nal, coa ac­tua­ción de no­ve agru­pa­cións co­rais e or­feóns, que per­co­rre­ran des­de as 18.30 ho­ras a Rúa Bis­po Agui­rre e a Pra­za Maior, se­guin­do o pa­seo li­te­ra­rio que exis­te nes­tes es­pa­zos. Os gru­pos par­ti­ci­pan­tes son a Co­ral Aso­cia­ción Ami­gos do Ca­mi­ño de San­tia­go, Can­tar De­las, Co­ral Ecos do Mi­ño As­te­lu, Co­ral Po­li­fó­ni­ca Hos­pi­tal Xe­ral, Con­xun­to Vo­gal Lugh, Gru­po Vo­cal So­lo Voces, Or­feón Xoán Mon­tes e Co­ral Xol­da. Te­rá un­ha du­ra­ción de no­ven­ta mi­nu­tos e con­ta­rá co xor­na­lis­ta Pa­co Nie­to co­mo pre­sen­ta­dor do con­cer­to.

Re­per­to­rio

As obras que in­ter­pre­tán son as se­guin­tes: Dian­te da es­ta­tua de Álvaro Cun­quei­ro, a Co­ral Po­li­fó­ni­ca Hos­pi­tal Xe­ral Cal­de can­ta­rá San Cam- pio e Quen pui­de­ra na­mo­ra­la; dian­te de Uxío No­vo­ney­ra, a co­ral Xol­dra en­toa­rá Com­pa­ñei­ra e Eu de Ma­rín Au­sen­tei­me; dian­te de Cu­rros En­rí­quez, a Co­ral Aso­cia­ción Ami­gos do Ca­mi­ño in­ter­pre­ta­rá Do mar po­la ore­la e Ma­ría So­li­ña; na es­ta­tua de Otero Pe­draio, Ecos do Mi­ño ac­tua­rá coas pe­zas de O pá­xa­ro e Os teus Ollos; dian­te de Eduar­do Pon­dal, se­rá a quen­da de Or­feón Lu­cen­se, con A ne­na da fon­te e O meu amor ma­ri­ñei­ro.

Dian­te de Ro­sa­lía de Cas­tro, So­lo Voces can­ta­rá as pe­zas Ca­da noi­te e O cu­co, que re­pe­ti­rá, nou­tra ver­sión o Or­feón Xoán Mon­tes. Dian­te de Valle In­clán, Can­tar De­las in­ter­pre­ta­rá Quan­tas sa­be­des amar ami­go e San­ta Ma­ría Es­tre­la do Día. Na es­ta­tua de Cas­te­lao, Lugh can­ta­rá O sol da pri­ma­vei­ra e O Ca­rro. Xa por úl­ti­mo, an­te a es­ta­tua de Ma­nuel Ma­ría, o or­feón Xoán Mon­tes en­toa­rá Ven­to Ma­rei­ro. Ao re­ma­tar, te­rá lu­gar un­ha ac­tua­ción fi­nal coas voces de to­das as agru­pa­cións, que in­ter­pre­ta­rán Ne­gra som­bra eo Himno Ga­le­go.

AL­BER­TO LÓ­PEZ

Ac­tua­ción de co­le­xios de Lu­go no fes­ti­val de mú­si­ca tra­di­cio­nal o ano pa­sa­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.