Abre o Cen­tro de Re­cría da Depu­tación, un cen­tro pú­bli­co ao ser­vi­zo dos gan­dei­ros

La Voz de Galicia (Monforte) - Monforte local - - PUBLICIDAD -

O Cen­tro de Re­cría da Depu­tación de Lu­go abre o vin­dei­ro 5 de xu­ño coa en­tra­da das pri­mei­ras 50 no­vi­llas de gan­dei­ros lucenses. Trá­ta­se do pri­mei­ro cen­tro de re­cría pú­bli­co de gan­do va­cún de lei­te que exis­te en Es­pa­ña, pois foi cons­truí­do en so­li­ta­rio po­la Depu­tación de Lu­go e o seu cus­te aca­dou os 12 mi­llóns de eu­ros. Si­túa­se en te­rreos da Depu­tación na Gran­xa Ga­yo­so Cas­tro, no con­ce­llo lu­cen­se de Cas­tro de Rei; e a súa xes­tión é de ri­go­ro­so con­trol pú­bli­co por par­te da Depu­tación e coa co­la­bo­ra­ción de repu­tados ex­per­tos da USC.

Na ac­tua­li­da­de exis­ten ca­tro cen­tros de re­cría en Es­pa­ña. Tres son to­tal­men­te pri­va­dos: en Ma­za­ri­cos (A Co­ru­ña), en Pan­tón (Lu­go) e en Ma­llén (Za­ra­go­za). Hai ou­tro en Gui­púz­coa cons­truí­do en te­rreos da Depu­tación Fo­ral pe­ro de xes­tión privada, pois foi ce­di­do a un­ha em­pre­sa e a ad­mi­nis­tra­ción des­vincu­lou­se do seu fun­cio­na­men­to. No ca­so do cen­tro cons­trui­do po­la Depu­tación de Lu­go con­tou­se coa co­la­bo­ra­ción de re­co­ñe­ci­dos pro­fe­sio­nais da USC, co­mo os pro­fe­so­res Francisco Si­nei­ro ou Eduardo Yus, que­nes de­ter­mi­na­ron co­mo me­llor mo­de­lo de xes­tión na mo­da­li­da­de de pú­bli­ca a con­ce­sión ad­mi­nis­tra­ti­va con es­tri­to con­trol pú­bli­co a un­ha en­ti­da­de con vin­cu­la­ción di­rec­ta co sec­tor gan­dei­ro.

A Depu­tación de­ci­diu cons­truír es­tas pio­nei­ros ins­ta­la­cións den­tro da súa apos­ta po­lo im­pul­so do sec­tor gan­dei­ro, es­pe­cial­men­te do lác­teo, pa­ra a me­llo­ra da eco­no­mía da pro­vin­cia

O or­ga­nis­mo pro­vin­cial ti­vo que fi­nan­ciar en so­li­ta­rio as obras, ache­gan­do un to­tal de 12 mi­llóns de eu­ros en va­rias anua­li­da­des. Lo­go de di­ver­sas tra­bas ad­mi­nis­tra­ti­vas, no ano 2015, a ins­ti­tu­ción lu­cen­se re­ma­ta­ba a cons­tru­ción das na­ves, que­dan­do pen­den­te a ad­xu­di­ca­ción do equi­pa­men­to e a do mo­de­lo de xes­tión. A fi­nais do 2015, o ac­tual exe­cu­ti­vo da De- pu­tación­de Lu­go pui­do re­to­mar o mo­de­lo de xes­tión pú­bli­ca do cen­tro de re­cría. Pa­ra iso creou un­ha Co­mi­sión Téc­ni­ca coa par­ti­ci­pa­ción de ex­per­tos, en­tre eles os ci­ta­dos Francisco-Si­nei­ro e Eduardo Yus, que ti­vo que re­de­fi­nir a xes­tión ten­do en con­ta a en­tra­da en vi­gor no 2016 das no­vas di­rec­tri­ces da Unión Eu­ro­pea que por pri­mei­ra vez re­gu­lan as con­ce­sións de ser­vi­zos das ad­mi­nis­tra­cións pú­bli­cas.

Depu­tación e USC ela­bo­ra­ron uns com­ple­xos pre­gos pa­ra un­ha con­ce­sión ad­mi­nis­tra­ti­va con es­tri­to con­trol pú­bli­co a un­ha en­ti­da­de con vin­cu­la­ción di­rec­ta co sec­tor, que ti­ve­ron que pu­bli­car­se ata no Dia­rio Ofi­cial da Unión Eu­ro­pea en cum­pri­men­to da no­va le­xis­la­ción vi­xen­te. Tras os pra­zos de ex­po­si­ción pú­bli­ca, va­rias en­ti­da­des op­ta­ron a es­te pro­ce­so de con­co­rren­cia com­pe­ti­ti­va. Re­sul­tou be­ne­fi­cia­da do mes­mo a fir­ma Re­cría Cas­tro S.L, que con­ta coa par­ti­ci­pa­ción di­rec­ta da cooperación ga­le­ga SERAGRO da que for- man par­te 1.300 gan­dei­ros. Es­ta ad­xu­di­ca­ta­ria de­be cum­prir uns es­tri­tos pre­gos e un re­gu­la­men­to en de­fen­sa dos de­rei­tos dos gan­dei­ros cu­xo con­trol e se­gui­men­to re­cae na Depu­tación de Lu­go e na USC. Pó­den­se con­sul­tar es­tes do­cu­men­tos na pá­xi­na web www. depu­tacion­lu­go.gal. Ade­mais, hai que des­ta­car que Re­cría Cas­tro su­mou a AFRICOR LU­GO nes­te pro­xec­to, pois es­ta aso­cia­ción, da que for­man par­te 1.500 gan­dei­ros de to­da a pro­vin­cia de Lu­go, pro­mo­cio­na­rá os ser­vi­zos e van­ta­xes pro­du­ti­vas e eco­nó­mi­cas que su­pón a re­cría no cen­tro da Depu­tación.

A em­pre­sa COPCISA foi a en­car­ga­da de exe­cu­tar as de­rra­dei­ras obras no cen­tro de re­cría

Es­tas con­sis­ti­ron en do­tar de cu­ber­tas os 400 bo­xes on­de es­tán as no­vi­llas den­de que en­tran no cen­tro, cuns 15 días, e ata apro­xi­ma­da­men­te os 6 me­ses, can­do se tras­la­dan ás 13 na­ves de re­cría. Os ci­ta­dos ex­per­tos da USC que co­la­bo­ran coa Depu­tación no con­trol pú­bli­co da xes­tión do cen­tro de re­cría, acor­da­ron le­var a ca­bo es­tas ac­tua­cións pa­ra fa­vo­re­cer o be­nes­tar ani­mal. Ago­ra, xa fi­na­li­za­do con éxi­to to­do o pro­ce­so ad­mi­nis­tra­ti­vo e cons­tru­ti­vo, o cen­tro de re­cría es­tá lis­to e con ple­nas ga­ran­tías pa­ra o seu fun­cio­na­men­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.