Equi­gal e Equio­cio abren ho­xe en Lu­go co Con­cur­so de Sal­to Na­cio­nal

La Voz de Galicia (Monforte) - Monforte local - - AGENDA - Laura López, Francisco Albo / francisco.albo@la­voz.es

Des­de ho­xe ata o do­min­go e do 24 ao 27 • Pa­zo de Fei­ras e Con­gre­sos de Lu­go • En­tra­da: 3 eu­ros (de bal­de pa­ra os me­no­res de 16 anos) • O im­por­te re­ca­da­do se­rá doa­do á Fun­da­ción de Dano Ce­re­bral (Fu­da­ce) •

Lu­go aco­lle a par­tir do ven­res o Sa­lón In­ter­na­cio­nal do Ca­ba­lo, no que se fu­sio­nan Equi­gal e Equio­cio, even­tos nos que se es­pe­ran mi­llei­ros de per­soas. O prin­ci­pal even­to é o Con­cur­so Mor­fo­ló­xi­co de Ca­ba­los e Eguas de Pu­ra Ra­za Es­pa­ño­la, no que se da­rán ci­ta máis de cen ca­ba­los das me­llo­res gan­de­rías, tan­to do te­rri­to­rio ga­le­go co­ma do res­to de Es­pa­ña.

Ho­xe, ma­ñá e o do­min­go te­rán lu­gar os con­cur­sos de sal­to. Por un­ha ban­da, o Con­cur­so de Sal­to Na­cio­nal (CSN**) Ci­da­de de Lu­go de 2 es­tre­las. E por ou­tra, o CSN de Po­nis. Os días 24, 25, 26 e 27 te­rá lu­gar o XI Sa­lón do Ca­ba­lo de Ga­li­cia, no que se rea­li­za­rán os con­cur­sos de Pu­ra Ra­za Es­pa­ño­la (PRE) e o úl­ti­mo día, o do­min­go 27, se­rá o Con­cur­so de Pu­ra Ra­za Ára­be (PRA).

Ade­mais, rea­li­za­ran­se di­fe­ren­tes ac­ti­vi­da­des de ani­ma­ción du­ran­te to­do o even­to, da man de Ca­rrou­sel Es­pec­tácu­lo Ama­zo­nas.

En Equi­gal 2018 ha­be­rá un­ha zo­na de ex­po­si­ción e ven­da, que es­ta­rá for­ma­da po­las gan­de­rías par­ti­ci­pan­tes nos con­cur­sos mor­fo­ló­xi­cos e un­ha zo­na de ca­fe­te­ría con ser­vi­zo inin­te­rrom­pi­do des­de a aper­tu­ra do sa­lón ata o seu pe­che. Ta­mén ha­be­rá un­ha zo­na de le­cer in­fan­til, Po­ni Club, na que se ofer­ta­rán di­fe­ren­tes ac­ti­vi­da­des re­la­cio­na­das co mun­do do ca­ba­lo, en­fo­ca­das aos máis pe­que­nos e sem­pre su­per­vi­sa­das por mo­ni­to­res. Trá­ta­se dun­ha oca­sión es­pe­cial pa­ra que se poi­dan ini­ciar na ar­te da equi­ta­ción e pa­ra que to­men con­tac­to, moi­tos de­les por pri­mei­ra vez, cun ani­mal ca­rac­te­ri­za­do po­la súa no­bre­za e man­se­du­me.

ALBERTO LÓPEZ

Equi­gal te­rá lu­gar ata o día 27.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.