La pa­rro­quia de Vi­le­los (O Sa­vi­ñao) ce­le­bró de nue­vo su Fo­lión das Fa­chas

Os ve­ci­ños des­ta pa­rro­quia do Sa­vi­ñao man­te­ñen moi vi­va a súa festa do lu­me

La Voz de Galicia (Monforte) - Monforte local - - PORTADA - CAR­LOS COR­TÉS

As fa­chas vol­ve­ron ar­der en Vi­le­los. Os ve­ci­ños pren­dé­ron­lle lu­me o ven­res á me­dia­noi­te as an­tor­chas de gran ta­ma­ño que eles mes­mos ela­bo­ra­ron du­ran­te as úl­ti­mas se­ma­nas, igual que fan des­de sem­pre can­do che­gan as da­tas das súas fes­tas pa­tro­nais. es­ta pa­rro­quia do mu­ni­ci­pio do Sa­vi­ñao é un dos tres pun­tos on­de so­bre­vi­ve un­ha tra­di­ción que en tem­pos es­ta­ba es­ten­di­da por moi­tos lu­ga­res da Ri­bei­ra Sa­cra. Os ou­tros son Cas­tro Cal­de­las e Cas­te­lo, en Ta­boa­da.

Nes­tes lu­ga­res e en to­dos os de­mais on­de se fa­cía, o fo­lión das fa­chas anun­cia­ba que ao día se­guin­te em­pe­za­ban as fes­tas. Ho­xe, o lu­me é o prin­ci­pal si­nal de iden­ti­da­de dos fes­te­xos de Vi­le­los, pe­ro non o úni­co. Es­te ven­res, a ac­ti­vi­da­de em­pe­zou a úl­ti­ma ho­ra da tar­de. Ao mes­mo tem­po que no cam­po da festa co­me­za­ba un­ha pan­ce­ta­da po­pu­lar, os ve­ci­ños máis no­vos em­pe­za­ban a sa­car á rúa de­ce­nas de fa­chas.

As do­ce, fó­ron­lle pren­den­do lu­me un­ha a un­ha e os seus por­ta­do­res pu­xé­ron­se a ca­mi­ñar uns de­trás dos ou­tros en di­rec­ción ao Cas­tro da Bes­ta, no al­to dun ou­tei­ro si­tua­do a uns cen me­tros das ca­sas da al­dea. De­trás de­les, cen­tos de per­soas, en­tre as que ha­bía so­bre to­do ve­ci­ños do Sa­vi­ñao, pe­ro ta­mén moi­tas per­soas vi­das de di­fe­ren­tes pun­tos das co­mar­cas de Monforte e Chan­ta­da.

Can­do as fa­chas se apa­ga­ron, abai­xo no cam­po da fei­ra em­pe­zou un bai­le no que ac­tua­ron o acor­deo­nis­ta An­drés Pe­na­bad, os Gai­tei­ros da Ulloa e a cha­ran­ga Le­ña Ver­de.

FO­TOS ROI FER­NÁN­DEZ

Un mo­men­to da subida ao Cas­tro da Bes­ta coas fa­chas en­cen­di­das.

As an­tor­chas es­tán fei­tas con ta­los de agu­cios

Os par­ti­ci­pan­tes no des­fi­le prén­den­lle lu­me ás fa­chas

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.