A Depu­tación me­llo­ra a es­tra­da que le­va á praia flu­vial da Co­va des­de Fión

La Voz de Galicia (Monforte) - Monforte local - - TERRAS DE LEMOS -

A Depu­tación anun­ciou o ini­cio das obra de me­llo­ra de dúas es­tra­das no mu­ni­ci­pio do Sa­vi­ñao. Un­ha de­las é uti­li­za­da por mi­les de per­soas to­dos os ve­ráns co­mo ac­ce­so pa­ra che­gar á praia flu­vial da Co­va. O in­ves­ti­men­to que fai o or­ga­nis­mo pro­vin­cial nes­tas obras as­cen­de a 266.200 eu­ros. As es­tra­das nas que se le­van a ca­bo as re­for­mas son a LU-P-5804, de Re­bon­die­go a Mor­ga­de; e a LU-P-5801, que une Fión coa Igre­xa da Co­va.

O por­ta­voz da Depu­tación, Ál­va­ro San­tos, acu­diu on­te ao Sa­vi­ñao pa­ra su­per­vi­sar o ini­cio dos tra­ba­llos, que con­sis­ten na me­llo­ra do fir­me con aglo­me­ra­do quen­te, no acon­di­cio­na­men­to das cu­ne­tas, o pin­ta­do da cal­za­da e a ins­ta­la­ción de si­na­li­za­ción horizontal e ver­ti­cal. Na súa vi­si­ta, San­tos re­cor­dou ade­mais que a Depu­tación vai me­llo­rar ta­mén un tra­mo de oi­to qui­ló­me­tros da es­tra­da LU-P-4102, de Fe­rrei­ra de Pan­tón a Cu­rre­los, cun or­za­men­to de 350.000 eu­ros.

No ca­so das obras que co­me­za­ron on­te, afec­ta­rán a un trei­to de 2,9 qui­ló­me­tros da es­tra­da en­tre Fión e a igre­xa da Co­va. Nes­te vial in­ves­ti­ran­se 46.000 eu­ros.

Ex­plo­ta­cións agra­rias

En can­to á es­tra­da de mor­ga­de, as obras le­va­ran­se a ca­bo nun tra­mo de se­te qui­ló­me­tros. Trá­ta­se, su­li­ñan os por­ta­vo­ces da Depu­tación, dun «ca­mi­ño moi tran­si­ta­do, xa que co­nec­ta con Es­cai­rón e por ela cir­cu­lan a dia­rio os tra­ba­lla­do­res das nu­me­ro­sas ex­plo­ta­cións agra­rias que se con­cen­tran na zo­na». Nes­tas obras in­ves­ti­ran­se 220.000 eu­ros, que per­mi­ti­rán acon­di­cio­nar o tra­mo que vai do pun­to qui­lo­mé­tri­co 3,9 ao 10,9.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.