As rúas fa­lan de nós

La Voz de Galicia (Monforte) - - GALICIA -

s rúas e as pra­zas que ocu­pa­mos to­dos os días fa­lan de nós. Hai que oí­las pa­ra es­coi­ta­las, ve­las pa­ra mi­ra­las; ob­ser­var co­mo nos sau­da­mos, co­mo se en­tra e se sae dos edi­fi­cios, co­mo se ma­ni­fes­ta a ex­clu­sión; fi­xar­se na cir­cu­la­ción dos co­ches e das per­soas, que se ca­brean no in­te­rior dos vehícu­los e, en cam­bio, pi­den es­cu­sas can­do tro­pe­zan na bei­ra­rrúa; ver xo­gar aos ra­pa­ces, se o fan, ou á ve­llez que se mo­ve len­ta­men­te an­te un apre­su­ra­do se­má­fo­ro… Son es­pa­zos sen­suais, hai que uli­los pa­ra sen­ti­los: a po­bre­za chei­ra, a os­ten­ta­ción arre­cen­de.

Dei­xe­mos que as rúas fa­len co­mo es­pa­zos aber­tos de en­con­tro on­de poi­dan soar as pa­la­bras, re­par­tin­do con au­da­cia e ri­gor os cen­tí­me­tros de cir­cu­la­ción ro­da­da e peo­nil, li­bres de tan­tos ar­te­fac­tos ob­so­les­cen­tes con­ci­bi­dos pa­ra im­pe­dir aqui­lo que mo­tu pro­prio os ci­da­dáns non fan, bo­lar­dos, pa­pe­lei­ras e fa­rois por on­de quei­ra, ob­xec­tos tan ben deseña­dos co­mo per­di­dos que nos fan tro­pe­zar. Ne­ce­si­ta­mos lu­ga­res fle­xi­bles en fun­ción dos usos, con ár­bo­res dis­pos­tas ten­do en con­ta as lu­ces e as som­bras e dei­xan­do oco pa­ra que poi­da asu­biar o ai­re, tal vez con al­gun­ha es­cul­tu­ra que dia­lo­gue coa ar­qui­tec­tu­ra pa­ra con­fi­gu­rar o es­pa­zo pú­bli­co. Com­pos­te­la está chea de bos exem­plos.

Hai que pac­tar o uso da rúa, por­que ese pro­ce­so de ocu­pa­ción sis­te­má­ti­ca con me­sas e ca­dei­ras im­pi­de a co­mu­ni­ca­ción ci­da­dá. E cóm­pre pro­xec­tar un­ha vi­sión au­to­crí­ti­ca, por­que quen des­fru­ta das te­rra­zas? Os tu­ris­tas non son ex­tra­te­rres­tres; so­mos nós os que alu­ga­mos os apar­ta­men­tos tu­rís­ti­cos e via­xa­mos en ma­sa, qui­zais por­que non hai ou­tra ma­nei­ra. Non ca­be ig­no­rar o no­so ser múl­ti­ple, di­ver­so, con­tra­di­to­rio, pa­ra dei­xar nas mans das Ad­mi­nis­tra­cións a so­lu­ción de to­dos os pro­ble­mas das ci­da­des.

Se as rúas fa­lan e po­ñe­mos os oí­dos aten­tos ao que pa­sa, pen­san­do no que vai acon­te­cer no in­me­dia­to fu­tu­ro, da­ré­mo­nos con­ta de que, coa pro­gre­sión de de­ses­pe­ra­das mi­gra­cións afri­ca­nas, eles van ser os no­vos ha­bi­tan­tes que com­par­ti­rán con­nos­co as rúas, cha­ma­das a ser un­ha vez máis as pa­les­tras on­de se re­sol­va a con­co­rren­cia e o con­fli­to.

Á ho­ra de pro­xec­tar ou re­mo­de­lar a rúa, hai que fa­cer un exer­ci­cio de hu­mil­da­de. Ar­qui­tec­tos ca­pa­ces de fa­cer dia­lo­gar o edi­fi­cio co es­pa­zo ur­bano, por­que a ar­qui­tec­tu­ra non ad­mi­te dua­li­da­de; en­xe­ñei­ros que ve­xan máis alá dos pa­rá­me­tros téc­ni­cos de mo­bi­li­da­de; ad­mi­nis­tra­do­res cun­ha vi­sión glo­bal do que acon­te­ce ne­se te­rri­to­rio co­mún.

A City lon­di­nien­se é o ar­que­ti­po da pri­va­ti­za­ción do so­lo en pro­vei­to do tra­fe­go fi­nan­cei­ro. Pe­ro pron­to non ha­be­rá nas ci­da­des re­cur­sos da­bon­do, nin su­per­fi­cie li­bre, pa­ra cons­truír máis dis­po­si­ti­vos ao ser­vi­zo do trá­fi­co. Por tan­to, trá­ta­se de dei­xar de deseñar pe­zas e de con­tro­lar a con­vi­ven­cia con nor­mas e có­di­gos, es­que­cen­do a ne­ce­si­da­de dou­tro con­trol co­lec­ti­vo cha­ma­do edu­ca­ción.

Pe­ro quen está dis­pos­to a xes­tio­nar a rúa to­dos os días do ano, as 24 ho­ras do día, pa­ra re­par­tir os seus usos, pa­ra que to­dos cai­ba­mos? No en­tan­to, pen­so que os Par­la­men­tos e as rúas son os me­llo­res amor­te­ce­do­res pa­ra con­cer­tar as po­si­cións ad­ver­sas.

XE­RAR­DO ES­TÉ­VEZ

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.