A mu­ller do Cé­sar

Nun­ca hou­bo tan­to ruí­do no ca­nal, que apar­va e nar­co­ti­za

La Voz de Galicia (Monforte) - - OPINIÓN - VÍC­TOR F. FREIXANES

To­dos te­mos pun­tos es­cu­ros. O ser hu­mano é así. Non so­mos an­xos, nin vi­vi­mos no in­te­rior de bur­bu­llas on­de non é po­si­ble a con­ta­mi­na­ción. A cues­tión de fon­do es­tá na luz ou na som­bra que pro­xec­ta­mos: no ca­so das per­soas que se de­di­can á vi­da pú­bli­ca o bo exem­plo ou mo­de­lo de com­por­ta­men­to, prác­ti­cas e va­lo­res que in­ci­den na ci­da­da­nía, o que o di­cio­na­rio de­fi­ne co­mo exem­pla­ri­da­de. O ve­llos fa­la­ban de pre­di­car co exem­plo. A exem­pla­ri­da­de é un dos fac­to­res bá­si­cos do pro­ce­so edu­ca­ti­vo, tan­to pa­ra os in­di­vi­duos co­mo pa­ra as co­lec­ti­vi­da­des (pe­da­go­xía so­cial), e as per­soas que es­tán á fron­te ou as­pi­ran li­de­rar cal­que­ra idea ou pro­xec­to co­lec­ti­vo non po­den ob­viar es­ta cues­tión. Ne­ce­sa­ria­men­te es­tán com­pro­me­ti­das coa prác­ti­ca do seu pro­pio dis­cur­so. Non lem­bro se é Sue­to­nio ou Plu­tar­co, qui­zais os dous, quen na­rra a his­to­ria de Pom­peia Si­la, a se­gun­da mu­ller de Xu­lio Cé­sar, acu­sa­da de par­ti­ci­par nun­ha fes­ta on­de sei­ca se rea­li­za­ran prác­ti­cas im­pro­pias dun­ha mu­ller ca­sa­da. Nun­ca se che­gou a pro­bar que Pom­peia par­ti­ci­pa­se en ta­les prác­ti­cas, mais Cé­sar re­pu­diou­na pu­bli­ca­men­te, dian­te do Se­na­do, mes­mo sen­do cons­cien­te da au­sen­cia de pro­bas, e da­que­la é a fa­mo­sa frase que se non a pro­nun­ciou el pa­sou á his­to­ria: «Non abon­da con que a mu­ller do Cé­sar se­xa ho­nes­ta, ta­mén ten que pa­re­ce­lo».

A efec­tos so­ciais (e por tan­to ta­mén a afec­tos po­lí­ti­cos) as cou­sas non son co­mo son, se­nón co­mo pa­re­ce que son, ou di­to dou­tra ma­nei­ra: a reali­da­de é tal co­mo o pú­bli­co a per­ci­be, o que po­de che­gar a ser te­rri­ble­men­te in­xus­to, pois a má­qui­na da co­mu­ni­ca­ción, chea ta­mén de in­tere­ses (e de ruí­dos), ac­túa no ca­nal e, en moi­tas oca­sións, ma­ni­pu­la des­ver­gon­za­da­men­te o dis­cur­so. On­de es­tá a ver­da­de e on­de a men­ti­ra in­tere­sa­da? De aí a im­por­tan­cia de me­dios de co­mu­ni­ca­ción ho­nes­tos, in­de­pen­den­tes, com­pro­me­ti­dos cos fei­tos (con­tras­ta­dos) e ao ser­vi­zo da so­cie­da­de, que é a ver­da­dei­ra e úni­ca pro­pie­ta­ria da in­for­ma­ción. Non co­rren os me­llo­res tem­pos pa­ra a cre­di­bi­li­da­de do dis­cur­so. Nun­ca hou­bo tan­to ruí­do no ca­nal, que apar­va e nar­co­ti­za. Por iso os lí­de­res da política, os di­ri­xen­tes ou fu­tu­ros di­ri­xen­tes da cou­sa pú­bli­ca te­ñen, ho­xe máis ca nun­ca, un­ha al­tí­si­ma res­pon­sa­bi­li­da­de: o exer­ci­cio da exem­pla­ri­da­de, fun­da­men­ta­da na trans­pa­ren­cia. Luz e ta­quí­gra­fos!, di­cían os clá­si­cos.

Non po­de­mos pe­dir ou­tra cou­sa. Mes­mo por ben do sis­te­ma (po­la súa su­per­vi­ven­cia). Se a mu­ller do Cé­sar real­men­te era ho­nes­ta, que o ruí­do do ca­nal e os in­tere­ses dos que o ma­ni­pu­lan non nos fa­gan crer ou­tra cou­sa (aos ma­ni­pu­la­do­res de­be­mos pe­dir­lles res­pon­sa­bi­li­da­des po­la ma­ni­pu­la­ción), e se non o é, por­que men­tiu, por­que qui­xo pa­sar polo que non era ou qui­xo ven­der o que non ti­ña, que a so­cie­da­de llo de­man­de: con ac­cións xu­di­ciais ou pe­nais se for do ca­so, ou re­ti­rán­doa de­ci­di­da­men­te da es­ce­na política, que pa­ga­mos en­tre to­dos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.