Pro­ble­mas de con­cen­tra­ción

La Voz de Galicia (Monforte) - - OPINIÓN - VEN­TO NAS VE­LAS VÍC­TOR F. FREIXANES

Sei­ca os gu­rús de Seattle hai tem­po que de­ci­di­ron man­dar os seus fi­llos e fi­llas á es­co­la tra­di­cio­nal, po­lo me­nos ata os se­te ou oi­to anos, ata que de­pren­dan as pri­mei­ras des­tre­zas do co­ñe­ce­men­to: li­bros, la­pis e ca­der­nos pa­ra es­cri­bir a man. As pan­ta­llas, os te­cla­dos e as ta­ble­tas, pa­ra des­pois. Ca­da cou­sa na súa sa­zón, que di­rían os clá­si­cos.

Seattle é un­ha das grandes ca­pi­tais da no­va eco­no­mía nor­te­ame­ri­ca­na, co­ra­zón de nu­me­ro­sas em­pre­sas de pro­xec­ción in­ter­na­cio­nal re­la­cio­na­das coa cul­tu­ra di­xi­tal, en­tre elas a po­pu­lar Ama­zon, se­gu­ra­men­te a máis co­ñe­ci­da. En Seattle, cun­ha das ad­mi­nis­tra­cións po­lí­ti­cas máis pro­gre­sis­tas dos Es­ta­dos Uni­dos, ber­ce de im­por­tan­tes mo­ve­men­tos de rock, mú­si­ca sinfónica, ar­te e co­ñe­ce­men­to da so­cie­da­de glo­bal, desen­vól­ven­se al­gun­has das máis im­por­tan­tes es­tra­te­xias da no­va tec­no­ló­xi­ca do sécu­lo, a gran re­vo­lu­ción di­xi­tal que con­for­ma xa os no­sos há­bi­tos, in­cluí­dos con­su­mos pri­va­dos, do­més­ti­cos.

Em­ma­nuel Ma­cron vén de pro­mo­ver un­ha lei pa­ra a prohi­bi­ción da te­le­fo­nía mó­bil nos co­le­xios e li­ceos fran­ce­ses aos me­no­res de 15 anos. O de­ba­te es­tá vi­vo. A re­co­men­da­ción ini­cial é edu­car as fa­mi­lias, o pro­fe­so­ra­do, os ra­pa­ces, a so­cie­da­de en xe­ral no uso des­tes no­vos ar­te­fac­tos, igual que de­be­mos tra­ba­llar na es­co­la, cri­ti­ca e or­de­na­da­men­te, a xes­tión de In­ter­net, as re­des so­ciais, et­cé­te­ra, o mun­do que nos ro­dea, en de­fi­ni­ti­va. Pe­ro ese mun­do é ex­tra­or­di­na­ria­men­te se­du­tor, ten moi­tos me­ca­nis­mos que atra­pan, mes­mo que crean adi­ción, so­bre to­do en­tre a xen­te máis no­va. Co­mo me­di­da pre­ven­ti­va, a Ad­mi­nis­tra­ción fran­ce­sa de­ci­diu ac­tuar. A ida­de me­dia de con­su­mo de te­le­fo­nía mó­bil en Fran­cia an­da nos 11 anos. ¡En Es­pa­ña nos 8 anos! Falamos de mó­bi­les de uso pri­va­do nos ne­nos.

O tem­po que por ter­mo me­dio bo­tan os ra­pa­ces dian­te dun­ha pan­ta­lla, se­xa de or­de­na­dor ou de te­le­vi­sión, non bai­xa nes­tes mo­men­tos das cin­co ho­ras e me­dia dia­rias (en­tre pro­gra­mas de te­le­vi­sión, vi­deo­xo­gos, in­ter­net, et­cé­te­ra), cin­co ho­ras e me­dia in­ten­sas, bas­tan­te máis ca cal­que­ra ou­tra re­la­ción de so­cia­li­za­ción. Non compu­tan as re­des so­ciais, que xa non son ex­clu­si­vas dos ado­les­cen­tes, se­nón que em­pe­zan na ida­de in­fan­til. Os ne­nos ve­ñen da es­co­la e na mei­ran­de par­te dos ca­sos apar­can dian­te do te­le­vi­sor, en par­te por­que os país e as nais ve­ñen moi apu­ra­dos da xor­na­da la­bo­ral, ou non po­den aten­de­los ata mais tar­de.

Son os tem­pos. Mais hai que ope­rar pe­da­go­xi­ca­men­te nes­tes no­vos tem­pos, ad­vir­ten os se­ño­res de Seattle. Lo­go de va­rios es­tu­dos ex­ten­si­vos, non só nes­ta ci­da­de nor­te­ame­ri­ca­na, es­tá­mo­nos a de­ca­tar de que os ín­di­ces de con­cen­tra­ción dun mo­ci­ño dian­te dun tex­to (a lec­tu­ra pro­fun­da, que é a fun­da­men­ta­ción pri­mei­ra do co­ñe­ce­men­to) non vai máis alá dun fo­lio: tres mi­nu­tos. Non son apo­ca­líp­ti­co, os lec­to­res que me se­guen ben o sa­ben. Pe­ro al­go es­tá pa­san­do e de­be­ria­mos pa­rar­nos a pen­sar.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.