«Igual de­be­ria­mos co­ñe­cer me­llor o que te­mos arre­dor»

La Voz de Galicia (Monforte) - - GALICIA -

O pri­mei­ro li­bro que leu en Ga­le­go foi Das cou­sas de Ra­món La­mo­te, de Pa­co Mar­tín, can­do vol­veu da­que­la viaxe de es­tu­dos. Ho­xe dúas bal­das da súa bi­blio­te­ca son de li­te­ra­tu­ra ga­le­ga: «É un­ha das mi­ñas fe­rra­men­tas para man­ter o con­tac­to».

—Cre que nos co­ñe­ce­mos pou­co un­has co­mu­ni­da­des ás ou­tras?

—Po­de ser. Nós, na cla­se, ago­ra co te­ma da Cons­ti­tu­ción fa­la­mos un pou­co de to­das as co­mu­ni­da­des, pe­ro é cer­to que igual de­be­ria­mos co­ñe­cer máis o que te­mos arre­dor. Por exem­plo, na mi­ña vi­da pri­va­da to­do o mundo que te­ño arre­dor vai ao es­tran­xei­ro. A min gús­ta­me moi­to via­xar por Es­pa­ña, pe­ro é un­ha cou­sa per­soal.

—Ca­da vez é máis fá­cil via­xar ao es­tran­xei­ro e igual es­que­ce­mos o que te­mos pre­to.

—Si, en avión cus­ta me­nos saír fó­ra de Es­pa­ña que via­xar por Es­pa­ña.

—Con­se­guiu tras­la­dar­lle á súa fa­mi­lia ese gus­to seu por Ga­li­cia?

—Eu te­ño que dar as gra­zas ao meu ma­ri­do por­que ca­da vez que di­go «que­ro su­bir» me acom­pa­ña. Ta­mén te­ño a sor­te de que á mi­ña fa­mi­lia lle gus­ta ca­mi­ñar e de que lle gus­te o Ca­mi­ño de San­tia­go, e para min é un­ha sor­te, por­que te­ño a es­cu­sa per­fec­ta para vol­ver a Ga­li­cia ca­da cer­to tem­po.

—Gus­tou­lles aos seus alum­nos a ac­ti­vi­da­de so­bre Ga­li­cia que fi­xe­ron es­ta semana?

—Ca­da ano fa­ce­mos al­go pa­re­ci­do na es­co­la pola Cons­ti­tu­ción, qui­zais es­te ano cun pou­co máis de in­ten­si­da­de por­que se fa­cían co­ren­ta anos, pe­ro tra­ta­mos to­dos os anos so­bre a Cons­ti­tu­ción co­mo al­go que com­par­ti­mos to­dos, e fa­la­mos de­la e ce­le­brá­mo­la. Aín­da non ti­ve­mos moi­to tem­po de co­men­ta­lo moi­to, pe­ro creo que a ac­ti­vi­da­de foi moi ben re­ci­bi­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.