«Os ve­ci­ños son os que se im­pli­can na re­cu­pe­ra­ción do pa­tri­mo­nio»

O res­pon­sa­ble da fir­ma Sa­gra­da Fa­mi­lia res­tau­ra un re­ta­blo en Car­ba­lle­da de Avia

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE - XO­SÉ MANOEL RO­DRÍ­GUEZ

Hai dez anos que Pa­blo Ga­rri­do era un dos pro­ta­go­nis­tas da ac­tua­li­da­de en Ou­ren­se. Lo­go de li­cen­ciar­se en Be­las Ar­tes con­se­guiu un­ha das be­cas da Depu­tación pa­ra for­mar­se no ex­tran­xei­ro. Foi un­ha ex­pe­rien­cia que lem­bra con es­pe­cial aga­ri­mo e da que gar­da ma­ra­bi­llo­sos re­cor­dos: tra­ba­llou na em­pre­sa de res­tau­ra­ción An­drea Fe­de­lli, de Flo­ren­cia, e «fo­ron ca­tro me­ses moi es­pe­ciais. Alí apren­dín moi­to nas prác­ti­cas, fi­xen ami­gos cos que man­te­ño aín­da o con­tac­to e, ob­via­men­te, ti­ven a opor­tu­ni­da­de de re­si­dir nun­ha ci­da­de na que se vi­ve a ar­te por to­dos os re­can­tos», lem­bra dous lus­tros des­pois. De vol­ta en Ou­ren­se apos­tou por fa­cer reali­da­de o seu an­ceio e creou o seu pro­pio pro­xec­to. E aí si­gue, coa em­pre­sa Sa­gra­da Fa­mi­lia tra­ba­llan­do na res­tau­ra­ción de obras de ar­te por to­da a pro­vin­cia.

Hai anos desen­vol­veu, xun­to a un equi­po que se­lec­cio­nou pa­ra o pro­xec­to, a re­cu­pe­ra­ción das pin­tu­ras mu­rais e va­rios re­ta­blos do san­tua­rio de Os Mi­la­gres e na ac­tua­li­da­de Ga­rri­do Ledo tra­ba­lla na re­cu­pe­ra­ción do re­ta­blo do Cris­to Cru­ci­fi­ca­do, na igre­xa pa­rro­quial de San Mi­guel (Car­ba­lle­da de Avia). O en­car­go pa­ra rea­li­zar es­ta ac­tua­ción che­gou­lle da man do pá­rro­co, o cre­go Se­ra­fín Fer­nán­dez Ro­drí­guez, e o res­tau­ra­dor re­co­rre á súa ex­pe­rien­cia pa­ra de­bu­xar co­mo es­tá o es­ce­na­rio na ac­tua­li­da­de. «Hai tem­po que non hai axu­das da Xun­ta ou dou­tras ins­ti­tu­cións pa­ra es­te ti­po de ac­tua­cións, agás ca­sos pun­tuais, e o pa­tri­mo­nio ou­ren­sán es­tá sen­do re­cu­pe­ra­do po­los ve­ci­ños que son os que apor­tan os do­na­ti­vos pa­ra pa­gar es­tes tra­ba­llos e por cre­gos que se im­pli­can nes­ta fa­ce­ta, co­mo é o ca­so do de Car­ba­lle­da de Avia», si­na­la.

O pro­xec­to da igre­xa de San Mi­guel con­ta cun or­za­men­to de 20.000 eu­ros e na ac­tua­li­da­de Pa­blo Ga­rri­do, que ga­ñou o con­cur­so pa­ra rea­li­zar a obra, es­tá aco­me­ten­do o tra­ba­llo de con­so­li­da­ción. «Xe­ral­men­te co que te ato­pas nes­tes ca­sos é coa exis­ten­cia de su­cie­da­de, pó, pro­ble­mas por an­ti­gos re­pin­tes ou ver­ni­za­dos e cou­sas po­lo es­ti­lo. Da­que­la fai­se ne­ce­sa­rio, an­tes de na­da, con­so­li­dar —pa­ra evi­tar des­pren­de­men­to de ma­te­rial— e lo­go xa aco­me­ter a lim­pe­za fí­si­ca e a quí­mi­ca». No ca­so do re­ta­blo de Car­ba­lle­da de Avia, o res­tau­ra­dor amó­sa­se sa­tis­fei­to co estado da pe­za e sor­pren­di­do po­la des­cu­ber­ta da ve­lla po­li­cro­mía.

«Ti­ve­mos sor­te por­que se tra­ta dun re­ta­blo ba­rro­co, de me­dia­dos do sécu­lo XVIII, e en xe­ral

es­tá mal con­ser­va­do pe­ro non hai re­pin­tes —agás al­gún ca­so pun­tual da mes­ma épo­ca, non re­cen­tes—. O ob­xec­ti­vo é re­cu­pe­rar a po­li­cro­mía ori­xi­nal da obra e por esa ban­da imos po­der desen­vol­ver un tra­ba­llo que vai re­sul­tar moi agra­de­ci­do por­que nas ca­tas ato­pa­mos un­ha cor es­pec­ta­cu­lar e iso vai­lle dar un va­lor en­ga­di­do a es­ta in­ter­ven­ción», si­na­lou Pa­blo Ga­rri­do.

O per­co­rrer do tem­po sem­pre pa­sa fac­tu­ra e no re­ta­blo da igre­xa de San Mi­guel fal­tan al­gun­has pe­zas, xe­ral­men­te pe­que­nos ador­nos ve­xe­tais, al­gún an­xo e cou­sas po­lo es­ti­lo. Nes­tes ca­sos a so­lu­ción arran­ca den­de a ex­pe­rien­cia: «Ao ser o re­ta­blo xeo­mé­tri­co ves o que se per­deu e sa­bes cal é a pe­za ou os anacos a re­cu­pe­rar. Nes­tes ca­sos a fi­lo­so­fía sem­pre é a mes­ma, e pa­sa por in­cor­po­rar eses ele­men­tos, mais dei­xan­do cla­ro o que ti apor­tas ao re­ta­blo. Non se tra­ta de imi­tar, se­nón de ser res­pec­tuo­sos co ori­xi­nal». Na soe­da­de da pa­rro­quial o res­tau­ra­dor ou­ren­sán se­gui­rá a tra­ba­llar pa­ra que den­tro duns me­ses, ca­tro, os ve­ci­ños po­dan go­zar dun­ha obra que lu­ci­rá as súas me­llo­res co­res.

SAN­TI M. AMIL

Pa­blo Ga­rri­do sa­lien­ta a «cor es­pec­ta­cu­lar» que foi ato­pa­da no re­ta­blo ao rea­li­zar as ca­tas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.