A chu­via alar­gou a tem­pa­da de co­go­me­los

As tem­pe­ra­tu­ras sua­ves pro­pi­cian un­ha im­por­tan­te can­ti­da­de de exem­pla­res

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE - ALE­JAN­DRO MÍNGUEZ

Os co­go­me­los sil­ves­tres apa­re­cen durante to­do o ano en Ou­ren­se, un te­rri­to­rio moi ri­co en can­ti­da­de e ca­li­da­de. É cer­to que o pe­río­do máis pro­pi­cio tra­di­cio­nal­men­te pa­ra o seu cre­ce­men­to é o ou­tono e os pri­mei­ros com­pa­ses do in­verno. Coa che­ga­da das pri­mei­ras choi­vas con tem­pe­ra­tu­ras sua­ves apa­re­cen os co­go­me­los máis ma­dru­ga­do­res, co­mes­ti­bles co­mo os Aga­ri­cus cam­pes­tris ou cham­pi­ñóns. Man­té­ñen­se ata a apa­ri­ción das pri­mei­ras xea­das, mo­men­to no que só re­sis­ten os máis du­ros co­mo o Crat­he­re­llus cor­nu­co­pioi­des en­tre ou­tros. Non obs­tan­te, co­go­me­los hai­nos durante to­do o ano, co­mes­ti­bles, sen va­lor e tó­xi­cos, por iso é pre­ci­so ter un­ha for­ma­ción cien­tí­fi­ca mí­ni­ma pa­ra re­co­lle­los e re­xei­tar to­do ti­po de iden­ti­fi­ca­ción po­pu­lar que de­ter­mi­na a co­mes­ti­bi­li­da­de polo há­bi­tat, cor ou coc­ción de xei­to erró­neo. Tras un­ha tem­pa­da moi ma­la en can­ti­da­de e ca­li­da­de no ou­tono-in­verno de 2017 po­la se­ca que se es­ten­deu ata o mes de ou­tu­bro, che­ga­mos a un­ha pri­ma­ve­ra de 2018 es­pec­ta­cu­lar po­la can­ti­da­de de au­ga caí­da e as tem­pe­ra­tu­ras sua­ves.

En­tre os moi­tos co­go­me­los con in­tere­se cu­li­na­rio que po­de­mos ato­par fa­cil­men­te no no­so per­co­rri­do polo cam­po nes­ta pri­ma­ve­ra des­ta­ca o Bo­le­tus re­ti­cu­la­tus.E ta­mén es­tán apa­re­cen­do Bo­le­tus ae­reus e Bo­le­tus pi­nop­hi­lus. Es­tes exem­pla­res te­ñen un som­brei­ro de ata vin­te cen­tí­me­tros de diá­me­tro de cor ma­rrón, que po­de pre­sen­tar un­ha to­na­li­da­de cla­ra e al­gún des­ga­rro pro­vo­ca­do polo ex­ce­so de tem­pe­ra­tu­ra. O hi­me­nio es­tá for­ma­do por un­ha es­pe­cie de es­pon­xa ou tu­bos li­bres, que en exem­pla­res no­vos é de co­lo­ra­ción ca­se bran­ca, e vai ma­du­ran­do e co­llen­do un as­pec­to ver­do­so co pa­so do tem­po. A car­ne é bran­ca e com­pac­ta, de chei­ro agra­da­ble. O pé é ro­bus­to, gro­so e car­no­so, da mes­ma to­na­li­da­de que o res­to do co­go­me­lo e pre­sen­ta a ca­rac­te­rís­ti­ca re­de, moi mar­ca­da en ca­sos na par­te su­pe­rior que in­di­ca un­ha ca­li­da­de gas­tro­nó­mi­ca ex­tra­or­di­na­ria. O pé, que che­ga en exem­pla­res ma­du­ros aos vin­te cen­tí­me­tros de al­tu­ra e ata se­te de an­cho, pó­de­se co­mer aín­da que nes­tas da­tas é moi fá­cil que es­tea com­ple­ta­men­te cheo de ver­mes, de­bi­do ao ca­lor, polo que te­re­mos que pres­cin­dir del. Apa­re­ce so­bre to­do de­bai­xo de cas­ti­ñei­ros e ta­mén de car­ba­llos, pe­ro po­de me­drar en há­bi­tats hos­tís, co­mo no me­dio dun va­la­do de pe­dra pró­xi­mo a un pi­ñei­ro e nor­mal­men­te en gru­po. Em­pa­na­do ou á pran­cha son dúas fór­mu­las cu­li­na­rias pa­ra gozalo.

No apar­ta­do de co­mes­ti­bles cóm­pre sa­lien­tar as re­co­lli­das ex­tra­or­di­na­rias nes­tas da­tas de exem­pla­res de gran­de in­tere­se e moi­tas ve­ces pou­co co­ñe­ci­dos po­la fa­lla de tra­di­ción co­mo a Rus­su­la vi­res­cens cun­ha ca­rac­te­rís­ti­ca cor ver­de, la­mi­na­ción e pé bran­cos, ou o Cant­ha­re­llus ci­ba­rius ama­re­lo-la­ran­xa de do­ce chei­ro e ex­ce­len­te tex­tu­ra que si é re­co­ñe­ci­do e apre­cia­do, que po­de­mos in­tro­du­cir na no­sa co­ci­ña de ve­rán nun­ha en­sa­la­da e in­clu­so nun­ha so­bre­me­sa. Ta­mén po­de­mos re­co­ller o Ma­ras­mius orea­des in­di­ca­do pa­ra so­pas e cre­mas ou cham­pi­ñóns pa­ra un re­vol­to. En­tre os co­mes­ti­bles máis abun­dan­tes nes­tas da­tas es­tá a Ama­ni­ta ru­bes­cens fre­cuen­te nos sou­tos, aín­da que nes­te ca­so acon­se­lla­da só a súa re­co­lli­da pa­ra afec­cio­na­dos con cer­ta ex­pe­rien­cia por ser tóxica en crú.

Ta­mén hai co­go­me­los ve­le­no­sos na épo­ca es­ti­val. Cóm­pre si­na­lar a im­por­tan­te pre­sen­za Ama­ni­ta pant­he­ri­na. Un co­go­me­lo con som­brei­ro de to­na­li­da­de ver­do­sa no que apa­re­cen res­tos bran­cos de mem­bra­na co­mo pe­que­nas fo­ler­pas, aín­da que po­de ca­re­cer de­las. A car­ne e as lamelas son ta­mén bran­cas, sen chei­ro apre­ciá­bel. O pé bran­co, igual­men­te, e fibroso, pre­sen­ta o ca­rac­te­rís­ti­co anel en for­ma de saia na par­te su­pe­rior e a vol­va na súa par­te fi­nal, que son si­nais iden­ti­fi­ca­ti­vos dos exem­pla­res máis pe­ri­go­sos des­te xé­ne­ro, co­mo a te­mí­bel Ama­ni­ta pha­lloi­des. Cóm­pre si­na­lar que os exem­pla­res de Ama­ni­ta pant­he­ri­na son moi tó­xi­cos e, con­su­mi­dos en gran­des can­ti­da­des, po­den pro­vo­car a mor­te. É doa­do ato­pa­la en­tre ou­tros co­go­me­los co­mes­ti­bles nun sou­to. Con me­nos to­xi­ci­da­de apa­re­ce nas pra­de­rías ou cu­ne­tas o Aga­ri­cus xant­ho­der­mus. Sen gran va­lor cu­li­na­rio, non é di­fí­cil ato­par­se no cam­po con exem­pla­res de Scle­ro­der­ma ci­tri­nun e Cal­va­tia utri­for­mis (pei­dos de lo­bo), e co­go­me­los de pe­queno ta­ma­ño que pa­san des­aper­ci­bi­dos. Na ma­dei­ra ato­pa­mos exem­pla­res de gran be­le­za e in­tere­se me­di­ci­nal co­mo po­de ser o Tra­me­tes ver­si­co­lor.

«Bo­le­tus ae­reus» re­co­lli­dos nos mon­tes de Ce­la­no­va nes­te mes.

«Aga­ri­cus xant­ho­der­mus» e «Cant­ha­re­llus ci­ba­rius».

A. MÍNGUEZ

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.