«Ás ve­ces cús­ta­me non in­ter­vir nos ple­nos, té­ño­me que re­pri­mir»

O ex al­cal­de de Alla­riz in­cor­po­rou­se ao seu posto de se­cre­ta­rio de Con­ce­llo na Mez­qui­ta

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE - CÁN­DI­DA ANDALUZ

Hai máis de tres me­ses que, de for­ma ofi­cial, dei­xou de ser al­cal­de de Alla­riz, aín­da que a de­ci­sión es­ta­ba to­ma­da e asu­mi­da den­de hai moi­to máis tem­po. Fran­cis­co Gar­cía ini­ciou un­ha no­va eta­pa da súa vi­da —tras vin­te co­mo re­xe­dor ala­ri­cano po­lo BNG— re­gre­san­do ao pun­to de ini­cio, o seu posto co­mo se­cre­ta­rio de Con­ce­llo na Mez­qui­ta. Es­tá re­la­xa­do e o pri­mei­ro que agra­de­ce é ter moi­to máis tem­po li­bre, a pe­sar de que to­dos os días con­du­za ca­se un­ha ho­ra pa­ra acu­dir ao seu tra­ba­llo e re­gre­sar a súa ca­sa. «Can­do saio de Alla­riz pa­ra A Mez­qui­ta dá­me a sen­sa­ción que vou de via­xe, que es­tou de va­ca­cións. Gús­ta­me con­du­cir e non é un pro­ble­ma», afir­ma. O seu co­che dá con­ta: mar­ca máis de 600.000 qui­ló­me­tros. Paco, co­mo lle gus­ta que lle cha­men (aín­da que a al­gún des­pis­ta­do se lle es­ca­pe ‘al­cal­de’), su­braia que non se po­de dei­xar de ser re­xe­dor dun día pa­ra ou­tro. Si ofi­cial­men­te, pero non na ca­be­za, aín­da que ten cla­ro que non que­re e non lle co­rres­pon­de in­ter­fe­rir. Se­gue, sen em­bar­go, in­tere­sa­do na po­lí­ti­ca e co­la­bo­ran­do con moi­tos pro­xec­tos que se le­van a ca­bo en Alla­riz, co­mo son o fes­ti­val de Xar­díns ou os pro­xec­tos coa car­ne de boi. E xa ti­vo a oca­sión de acu­dir a al­gún pleno na vi­la de pú­bli­co. Na ter­cei­ra fi­la, di. De­ma­sia­do cer­ca: «Ás ve­ces cús­ta­me non in­ter­vir nos ple­nos. Té­ño­me que re­pri­mir», co­men­ta en­tre ri­sas, to­man­do un ca­fé re­la­xa­do nun bar mes­qui­tés que so­bre­vi­ve no mu­ni­ci­pio e que se ato­pa fron­te á Ca­sa do Con­ce­llo. Mi­ra ós la­dos e non po­de evi­tar pen­sar que as rúas de A Mez­qui­ta po­de­rían ter ou­tra fa­cia­na. Dá a sen­sa­ción de que ten no­vas ideas pa­ra pór en mar­cha, que que­da al­go, moi­to, da con­cep­ción de Alla­riz co­mo vi­la na súa ca­be­za. E así é. A boa sin­to­nía co al­cal­de, ta­mén do BNG, fai que for­men, afir­ma, un bo tán­dem. E, aín­da que non que­re avan­zar moi­tas ideas, di que xa apro­vei­tou as si­ner­xias e fa­lou con xen­te de Alla­riz pa­ra ver as po­si­bi­li­da­des de fa­cer al­go di­fe­ren­te. Ao mar­xe do seu tra­ba­llo, Fran­cis­co Gar­cía xa sin­te o re­lax de ter tar­des li­bres. Aín­da que que­dan seis anos pa­ra a xu­bi­la­ción afir­ma: «Con máis ra­zón de­fen­do o meu tra­ba­llo e que­ro pre­su­mir da mi­ña ac­ti­vi­da­de aquí. Gús­ta­me ser o pri­mei­ro da cla­se».

AGOSTIÑO IGLE­SIAS

Fran­cis­co Gar­cía, xun­to ao al­cal­de de A Mez­qui­ta, Ra­fael Pé­rez, no seu des­pa­cho.

Gar­cía re­gre­sou ao que foi un dos seus pri­mei­ros des­ti­nos co­mo se­cre­ta­rio de Con­ce­llo con ga­nas de fa­cer moi­tas cou­sas e apro­vei­tar a súa ex­pe­rien­cia en Alla­riz.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.