O con­sen­ti­do

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE -

O con­sen­ti­do fai o que se lle an­to­lla. Tem­po atrás ser un con­sen­ti­do non era ben, non era un ad­xec­ti­vo do que pre­su­mir. Ho­xe o con­sen­ti­di­ño é a mar­ca do can­di­da­to.

Can­do un é me­quei­ro, ho­xe fa­la dos or­za­men­tos máis so­ciais da his­to­ria do con­ce­llo, e ma­ñá tor­na e só lle in­tere­san os mi­llóns de eu­ros en ce­men­to ar­ma­do, que, cos anos, hai que man­ter e non aban­do­nar. Aque­la fá­bu­la so­cial ago­ra ocu­pa un ca­dra­di­ño nos bai­xos do car­tel de pre­sen­ta­ción dos fi­tos al­can­zá­beis po­lo go­berno do con­ce­llo.

Eu era de pen­sar que aque­lo dos or­za­men­tos so­ciais sería o me­llor que nos ía pa­sar, de ser cer­to, pe­ro, que lo se­pa to­do el mun­do, pe­gou vol­ta. O in­for­me FOESSA pu­bli­ca­do fai uns días por Cá­ri­tas —con­ser­va­do­ra, si, mais foi ex­cep­cio­nal ao re­co­ller a des­fei­ta neo­li­be­ral— enu­me­ra os da­tos cos que non gus­ta fa­cer un­ha car­te­le­ira: 8,6 mi­llo­nes de eu­ros (así lles gus­ta fa­lar aos con­sen­ti­dos) de per­soas en ris­co de ex­clu­sión, dos que 4,1 M es­tán en ris­co de ex­clu­sión se­ve­ra, o 40% máis nun­ha dé­ca­da. O in­for­me acla­ra que ter un em­pre­go xa non ga­ran­te a in­te­gra­ción so­cial. O em­plas­to que li­ga a so­cie­da­de es­tá a es­mo­re­cer, e con­vér­te­se en com­pe­ti­dor ao ve­ci­ño; o gran­de éxi­to da cri­se é a re­bai­xa da dig­ni­da­de.

Así, can­do o con­sen­ti­do con­sen­te, aín­da as cou­sas tor­nan a peor. Can­do con­sen­te que o seu gru­po par­la­men­tar na Xun­ta des­bo­te un­ha pro­po­si­ción de lei pa­ra re­co­ñe­cer­lles máis de­rei­tos ás fa­mi­lias mo­no­pa­ren­tais, es­tá a fu­rar na re­de que man­tén uni­da á so­cie­da­de. As fa­mi­lias mo­no­ma­ren­tais e mo­no­pa­ren­tais te­ñen un 34 % de po­si­bi­li­da­de de éxi­to —a lin­gua dos con­sen­ti­dos— de aca­dar a ex­clu­sión so­cial. Es­ta­mos a fa­lar do 10,7 % dos fo­ga­res, pe­ro dá­lles igual, atrás que­da­ron os or­za­men­tos máis so­ciais da his­to­ria. A al­ta pre­ca­rie­da­de la­bo­ral xun­to coa fal­ta de po­lí­ti­cas trans­ver­sais, so­ciais e eco­nó­mi­cas, es­tán a ex­pul­sar a nais e fi­llos da co­mu­ni­da­de. Des­ta non foi po­si­ble a pro­po­si­ción fei­ta, pe­ro os tem­pos son che­ga­dos. Que­da­mos á es­pe­ra de que al­guén con sen­ti­di­ño dis­ci­pli­ne ao con­sen­ti­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.