«Foi un re­ga­la­zo tra­ba­llar en ‘Fa­ri­ña’ e te­mos un gran cariño ao que se fi­xo»

O ou­ren­sán, que par­ti­ci­pa en «Se­rra­mou­ra», em­pe­za­rá a gra­var axi­ña pa­ra ou­tra se­rie de te­le­vi­sión

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE - XO­SÉ MANOEL RO­DRÍ­GUEZ

Olle ben pa­ra el. Se­gu­ro que o co­ñe­ce de so­bra. Non, non é un ro­mei­ro que re­ma­tou o ca­mi­ño e es­tá a des­can­sar no Obra­doi­ro, por máis que iso se­me­lle evi­den­te ao ver a ima­xe. Cer­to! É o avo­ga­do máis ma­lo ma­lí­si­mo de can­tos le­va vis­to na te­le­vi­sión nos úl­ti­mos anos. Ese ami­go dos nar­cos que an­da­ban na fa­ri­ña e dos po­lí­ti­cos que se re­me­xían can­do a eles. Si, ta­mén o le­tra­do que es­ta me­ti­do alá por Se­rra­mou­ra. Un ca­so es­te ou­ren­sán do 77 que se ato­pou co tea­tro na Uni­ver­si­da­de La­bo­ral, con Án­xe­les Cu­ña co­mo men­to­ra, e que de­ci­diu co­ller o ca­mi­ño da ar­te pa­ra fa­cer del o seu pro­xec­to vi­tal.

Pa­sa­ron anos den­de aquel gru­po Ta­rum­ba da La­bo­ral e Ti­to Aso­rey ten­se sig­ni­fi­ca­do en moi­tas fa­ce­tas pro­fe­sio­nais —ac­tor, di­rec­tor, axu­dan­te de di­rec­ción— e en proxectos tea­trais, series de te­le­vi­sión e ci­ne. Le­va re­co­lli­do un im­por­tan­te nú­me­ro de ga­lar­dóns, den­de a eta­pa dos Pre­mios Bue­ro de Tea­tro Jo­ven aos Ma­ría Ca­sa­res e Sa­ra­be­la, na súa pri­mei­ra eta­pa, e Il Ma­qui­na­rio Tea­tro, nos úl­ti­mos anos, son os seus proxectos de re­fe­ren­cia. En­tre os úl­ti­mos tra­ba­llos es­tán Fa­ri­ña e, co­mo di­rec­tor, So­mos cri­mi­nais.

—«Fa­ri­ña» mar­cou un fi­to e un no­vo ca­mi­ño na pro­duc­ción de series pa­ra te­le­vi­sión. Co­mo va­lo­ra a ex­pe­rien­cia?

—Foi un re­ga­la­zo po­der par­ti­ci­par ne­se pro­xec­to. Tan­tos ac­to­res co­mo mem­bros do equi­po ti­ve­mos un­ha im­pli­ca­ción es­pe­cial no mes­mo. Me­tí­mo­nos de cheo e te­mos un gran cariño ao que se fi­xo. Aín­da man­te­mos o gru­po de what­sapp e se­gui­mos co­mu­ni­cán­do­nos por el.

—A vos­te­de ta­mén lle man­da­ron re­ca­do, co­mo a Car­los Blan­co?

—Si, mais non foi o mes­mo. Che­gou­me al­gun­ha men­sa­xe e ta­mén me co­men­ta­ron cou­sas po­lo fa­ce­book al­gun­has per­soas, pe­ro con non fa­cer ca­so xa es­tá.

—Vai re­ma­tar de avo­ga­do?

—Xa ves! Fi­xeno en Fa­ri­ña, en Pa­zo de Fa­mi­lia e fá­goo en Se­rra­mou­ra.

—Xa ca­se sa­ca a ca­rrei­ra!

—A ca­rrei­ra non sei, pe­ro co que le­vo tra­ba­lla­do o papel ca­se que te­ño máis mé­ri­tos dos que pi­den por aí pa­ra dar un máster (ri!).

—Co­mo fi­xo pa­ra «con­tro­lar» a Car­los Blan­co e Tou­ri­ñan en «So­mos cri­mi­nais»?

—Foi xe­nial di­ri­xi­los, to­do un pra­cer tra­ba­llar con eles. Su­pe­ren­tre­ga­dos en to­do mo­men­to e cun es­pec­tácu­lo que arra­sou. Me­ti­mos máis de 30.000 es­pec­ta­do­res nas fun­cións. Pa­sá­mo­lo moi ben con esa mon­ta­xe.

—En que tra­ba­lla na ac­tua­li­da­de?

—Si­go en Se­rra­mou­ra —den­de o 2014 for­ma par­te do elen­co fi­xo da se­rie de Voz Au­dio­vi­sual— e par­ti­ci­pei na pe­lí­cu­la Arima, da di­rec­to­ra Jaio­ne Cam­bor­do, que se vai es­trear ago­ra. E vou em­pe­zar a gra­var un­ha se­rie en Ma­drid.

—En cal vai par­ti­ci­par?

—Xa es­tá to­do pe­cha­do, pe­ro por ago­ra non se po­de adian­tar na­da.

—As mon­ta­xes do gru­po Il Ma­qui­na­rio Tea­tro fo­ron re­co­ñe­ci­das por crí­ti­ca e pú­bli­co. Tra­ba­llan nal­gun­ha no­va pro­pos­ta es­cé­ni­ca?

—O pro­xec­to es­tá ago­ra un pou­co pa­ra­do po­los di­fe­ren­tes com­pro­mi­sos dos que for­ma­mos par­te del, in­cluí­da un­ha ma­ter­ni­da­de. No meu ca­so co que xa co­men­ta­mos e cun­ha obra con Me­la­nia Cruz.

—Cal vai ser?

—Es­ta­mos tra­ba­llan­do nun mo­nó­lo­go de­la que se vai ti­tu­lar O em­pa­pe­la­do ama­re­lo. A no­sa pre­vi­sión pa­sa por es­trear a mon­ta­xe en fe­brei­ro do 2019.

XOÁN A. SO­LER

Ti­to Aso­rey par­ti­ci­pou na pe­lí­cu­la de Jaio­ne Cam­bor­do que es­tá pen­den­te de es­trea.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.