O Con­ce­llo de Ve­rín li­ci­ta a xes­tión do no­vo cen­tro de día mu­ni­ci­pal pa­ra an­ciáns

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE -

O Con­ce­llo de Ve­rín abriu o pra­zo de li­ci­ta­ción pa­ra que as em­pre­sas in­tere­sa­das pre­sen­ten as súas ofer­tas e par­ti­ci­par no con­cur­so pa­ra a con­tra­ta­ción da xes­tión in­di­rec­ta, do ser­vi­zo de aten­ción á ter­cei­ra ida­de Cen­tro de día mu­ni­ci­pal de Ve­rín. A da­ta lí­mi­te pa­ra a pre­sen­ta­ción das pro­pos­tas se­rá o 4 de de­cem­bro. Es­ta no­va xes­tión con­cré­ta­se en pres­ta­cións de asis­ten­cia sa­ni­ta­ria, aten­ción xe­riá­tri­ca-reha­bi­li­ta­do­ra e so­cial, aten­ción á saú­de psi­co­fí­si­ca así co­mo so­cia­li­za­ción e par­ti­ci­pa­ción.

O al­cal­de de Ve­rín, Ge­rar­do Seoa­ne, des­ta­cou: «A crea­ción do que é o pri­mei­ro cen­tro de día de Ve­rín e do fu­tu­ro xe­ria­tri­co de Cal­de­li­ñas, do que se es­tá a re­ma­tar o pro­ce­so de ad­qui­si­ción de te­rreos, su­po­rán a crea­ción duns 100 no­vos postos de tra­ba­llo na vi­la, den­tro do sec­tor so­cio­sa­ni­ta­rio».

O va­lor es­ti­ma­do do con­tra­to as­cen­de a 4.129.920 eu­ros e es­pe­ci­fí­ca­se que o con­ce­sio­na­rio re­tri­bui­ra­se ex­clu­si­va­men­te coas ta­ri­fas abo­na­das po­los usua­rios do ser­vi­zo.

Ca­non de ex­plo­ta­ción

O con­ce­sio­na­rio de­be­rá abo­nar ao Con­ce­llo de Ve­rín, en con­cep­to de ca­non po­la ex­plo­ta­ción do ser­vi­zo, un­ha can­ti­da­de non in­fe­rior a 20.000,00 € anuais e o pra­zo má­xi­mo de ex­plo­ta­ción do con­tra­to se­rá de 15 anos, da­cor­do co pre­go de con­di­cións.

Ade­mais da pro­po­si­ción eco­nó­mi­ca, os li­ci­ta­do­res de­be­rán in­cluír e xus­ti­fi­car na súa ofer­ta o deseño do per­soal que con­si­de­ran ade­cua­da pa­ra a rea­li­za­ción de to­dos os tra­ba­llos que abar­ca o con­tra­to, es­pe­ci­fi­can­do or­ga­ni­gra­ma xe­ral, postos de tra­ba­llo, fun­cións e ca­te­go­rías do per­soal e a re­per­cu­sión na crea­ción de em­pre­go así co­mo un plan de man­te­men­to das ins­ta­la­cións.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.